


Os nosos Roteiros son de diversa temática, sempre orientados aos fins da nosa asociación: cultura, feminismo, idioma, contos e lendas galegas, memoria histórica, tradicións, etc.
UN ROTEIRO CHEO DE HISTORIAS
ROTEIROS EN FEMININO
Os espazos que andamos cada día agochan segredos que convén coñecer, que iremos narrando nun percorrido cheo de historias da historia, lendas fascinantes, curiosidades e personaxes que gardamos na mochila.
Dedicaremos este roteiro a falar de mulleres do noso entorno, do pasado e presente, algunhas famosas e outras descoñecidas para o gran público, todas con nome propio, pioneiras que axudaron a construír o mundo no que vivimos.
ROTEIROS DA MEMORIA
ROTEIROS LITERARIOS
Neste roteiro rendemos homenaxe ás persoas vítimas dunha desmemoria consentida, visibilizaremos persoas e lugares da nosa Memoria Histórica, e facer debida xustiza a esas persoas e ás súas familias.
O obxectivo destes Roteiros Literarios é descubrir diversos recunchos, das nosas vilas e espazos naturais, a través das súas evocacións con diversas persoas escritoras, así como as vinculacións literarias ás paixases.
ROTEIROS DOS RUEIROS
UN ROTEIRO CHEO DE HISTORIAS
ROTEIROS EN FEMININO
Coñeces onde vives? Cal é a historia da rúa ou lugar por onde transitas cada día, sen ter reparado nela? Este roteiro naceu para coñecer estas historias, coñecer quen é a persoa que está na placa, ou porqué se chama así ese lugar.
Os espazos que andamos cada día agochan segredos que convén coñecer, tamén o entorno natural está cheo de contos que iremos narrando nun percorrido cheo de historias, lendas e personaxes para toda a infancia.
Dedicaremos este roteiro a falar de mulleres do noso entorno, do pasado e presente, algunhas famosas e outras descoñecidas para o público infantil, para visibilizar ás mulleres que non aparecen nos libros de texto, todas con nome propio, pioneiras que axudaron a construír o mundo no que vivimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario