A grandeza
de Rosalía fai que sucedan feitos como este, un dos maiores premios
que pode ter unha persoa co oficio de dicir. Ocorreu na
representación de Tecín soia a miña tea, o público era escolar e persoas
usuarias de Aspavi, quixen que participasen todas elas para una plena inclusión e vin como fluía todo de maneira
natural, foi moi fermoso. Ao rematar
estaban agardando por min, querían unha foto conxunta, bicos, apertas, charlas…
volveron recitar e falar de Rosalía, preguntaron que cando ía volver... foi
moi emotivo, que mellor premio podo ter!
martes, 16 de abril de 2019
Celebramos o Día do Libro “Tecendo soños” na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Hai
libros grandes, pequenos, libros de aventuras, de viaxes, de animais… libros
que nos fan vivir situacións e momentos irrepetibles. Os libros espertan a nosa
imaxinación e fan que nos sintamos protagonistas da historia. Celebramos o Día
do Libro tecendo soños, levando ilusión ao público infantil coas máxicas
historias que se agochan nos libros. Convídote a soñalas.
Será o 20 de
abril, no salón de actos de Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás
12:00 h. A entrada e libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
Día do Libro,
Tecendo soños
luns, 8 de abril de 2019
"Contando en feminino" en Escolas de Educación Infantil
Achegar
o concepto de feminismo, concienciar na igualdade, violencia de xénero e no abuso
infantil é primordial nas primeiras etapas de vida. Están formándose as persoas que serán o día de mañá, hai que coidar moito o que se lles ofrece para que medren cuns
valores que serán guía no seu camiño. A experiencia fai que afirme que desde que teñen un
aniño pode comezarse con este camiño, eu levo facéndoo anos e vexo como
reaccionan, podo asegurar que o seu razoamento e reflexións sorprenderían a
moitas persoas adultas. Seguirei coa miña teima, compensa e moito, mirade senón
que premio tan marabilloso, toda unha clase asinando un diploma que me entregaron
despois de contar en feminino. Grazas por tanto como recibo.
Levamos á Biblioteca de Pastoriza "Mitos e lendas de Galicia"
Visitamos Pastoriza para contar lendas, historias
tradicionais e populares que fagan entender e coñecer moitas cousas a nenas e
nenos. Os porqués, os encantos, historias de trasnos, de feitizos... de temas
históricos, de cabaleiros e tamén cantaremos cancións populares para o público
infantil. Haberá, por suposto, algunha que outra historia propia do Concello de
Arteixo.
A cita será o xoves 11 de abril na Biblioteca de
Pastoriza “Miguel Sande”, ás 18:30 h.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)