Quixera agradecer a calor, o respecto e o agarimo que percibín o día 24 de febreiro, Día de Rosalía, en Arteixo. Grazas a todas as persoas que se achegaron a escoitar a súa obra e demostrar que está viva nos corazóns de todas as persoas galegas de ben. Grazas.
sábado, 28 de febreiro de 2015
Tecín soia a miña tea, no Día de Rosalía, recollida na AELG
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) recolle na súa axenda cultural todas as actividades relacionadas co Día de Rosalía, entre a que se encontra "Tecín soia a miña tea" que Ana Hermida representa en Arteixo.
Deixamos enlace á páxina: ACTIVIDADES PROMOVIDAS POR DIVERSAS ENTIDADES NO DÍA DE ROSALÍA, 24 DE FEBREIRO
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
Día de Rosalía,
feminismo,
homenaxes,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
Tecín soia a miña tea
martes, 24 de febreiro de 2015
O Noticieiro Galego, recolle a actividade Tecín soia a miña tea, para celebrar o Día de Rosalía en Arteixo
Así recolle o Noticieiro Galego a visita de Rosalía de Castro á Arteixo, terra do seu marido Manuel Mugguía, para celebrar o Día de Rosalía.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
Día de Rosalía,
feminismo,
homenaxes,
poesía,
prensa,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
xoves, 19 de febreiro de 2015
Arteixo celebra o Día de Rosalía con "Tecín soia a miña tea"
O 24 de febreiro Rosalía de Castro visitará o concello de
Arteixo onde naceu o seu marido Manuel Murguía. Celebraremos o Día de Rosalía
con Ana Hermida, que achega a súa obra "Tecín soia a miña tea", para
homenaxear á nai das nosas letras.
Serán dramatizacións de poemas de Rosalía de Castro. Este
espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata,
tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa
terra... O desexo e ansias súas polo teatro " eu quería ser actriz e non
me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa,
dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, peza teatral de Miguel Anxo Fernán-Vello e
algunha canción da autoría de Baldomero Iglesias
"Mero", para honrar a nai da nosa terra.
Será na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de
Arteixo, ás 17:30 h.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
Día de Rosalía,
feminismo,
homenaxes,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
sábado, 7 de febreiro de 2015
Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía de Castro
A nosa particular homenaxe a Rosalía de Castro, con Ana Hermida.
Etiquetas:
Ana Hermida,
feminismo,
homenaxes,
poesía,
Rosalía,
Tecín soia a miña tea,
videos
martes, 3 de febreiro de 2015
O día que contamos en Pastoriza "A historia en Feminino"
As nenas e nenos da Escola de Educación Infantil de Barrionovo estaban con ansias de coñecer historias extraordinarias de mulleres marabillosas, historias da historia, curiosidades...
Así que cumprimos os seus desexos, contamos historias fascinantes, sorprendentes, experimentaron unhas cousas e descubriron outras. Ao final e tras un breve recordatorio, sorprendéronnos con cousas que quedaran xa sempre gardadas na súa memoria.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)