Este ano celébrase a novena edición do concurso de poesía en homenaxe a
Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de
Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. A infancia de entre 8 e 12
anos levará un agasallo pola súa partipación no concurso de recitados, outro por cada unha das tres
categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará
lectura ao Manifesto da Aelg, redactado este ano por Carme Adán e tamén fará unha sentida homenaxe ao ilustre Arteixán
Manuel Murguía, no centenario do seu pasamento.
Mentres delibera o xurado composto polo Clube de
Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, terá lugar unha
escolma do recital “Palabra de Muller”, onde unha muller
presta a súa voz ás escritoras homenaxeadas, para darlles o lugar que a historia lles negou, e a continuación outra escolma do recital “A Memoria é unha dama” para
render homenaxe ás mulleres da Memoria Histórica, vítimas dunha desmemoria consentida. Ámbolos
dous recitais estarán representados pola actriz arteixá Ana Hermida
Será o sábado 04 de marzo, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento. Convidamos a toda a cidadanía arteixá a participar da Festa Rosaliana.