Homenaxe a Rosalía de
Castro mediante a dramatización dos seus poemas. Este espectáculo pretende
amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en
día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias
súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha
Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller
interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción para honrar a
nai da nosa terra.
luns, 19 de febreiro de 2018
xoves, 15 de febreiro de 2018
IV Concurso de Poesía Homenaxe a Rosalía de Castro, en Arteixo
Este ano
celébrase a cuarta edición do concurso de poesía en homenaxe a Rosalía de
Castro, está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Arteixo
a través da Rede Municipal de Bibliotecas. Será o broche de ouro a
unha serie de actividades coas que conmemoran o nacemento da escritora
padronesa. Haberá 12 nenas e nenos que recitarán a súa propia obra, de entre 8
e 12 anos, que levarán un agasallo pola súa partipación, outro por cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg e tamén
fará unha homenaxe poética feminina á Rosalía de Castro, mentres delibera o xurado composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central
de Arteixo “Henrique Rabuñal”.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
colexios,
poesía,
Poesía é nome de muller,
Rexurdimento,
Rosalía
mércores, 14 de febreiro de 2018
Homenaxe a Filomena Dato "a poeta das Mariñas" en Bergondo
O Concello de Bergondo organiza unha homenaxe a Filomena Dato, na que colabora a Real Academia Galega, a parroquia de San Vicente de Moruxo, A Asociación Irmáns Suárez Picallo e a Asociación Cultural Lisístrata.
Intervirá o párroco Rubén Aramburu, Francisco Pita, da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Ana Hermida, da Asociación Lisístrata, a poeta e editora Dores Tembrás, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez. Alumnado de 2º da ESO do CPI Cruz do Sar lerá poemas da escritora. Rematará o acto co descubrimento dunha escultura na honra de Filomena Dato asinada por Francisco Escuredo e coa interpretación do Himno galego a cargo de José Otero López.
O acto terá lugar o martes 26 de febreiro no camposanto de Moruxo, ás 11:15 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Bergondo,
feminismo,
Filomena Dato,
homenaxes,
igualdade,
Ningún lazo a suxeita,
poesía,
Rag
martes, 13 de febreiro de 2018
Arteixo achega a figura de Rosalía ao alumnado do Ies Manuel Murguía con "Tecín soia a miña tea"
Rosalía de Castro, na voz de Ana Hermida, estará
co alumnado do Ies Manuel Murguía. Faremos un repaso pola súa biografía e pola
súa obra, haberá representación teatral, dramatización da súa obra e
participación do alumnado, que terá ocasión de poñer voz á nosa Poeta nacional.
A actividade está organizada pola Concellería de
Cultura a través da Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo para celebrar o Día
de Rosalía.
Serán dous días de encontro, 21 e 22 de febreiro,
cunha Rosalía loitadora, feminista, comprometida e dona dunha obra de
inmensa valía. Dúas sesións diarias na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique
Rabuñal”, a primeira comezará ás 11:00 h. e a seguinte ás 13:00 h.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
Día de Rosalía,
feminismo,
Ies,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
luns, 12 de febreiro de 2018
Día de Rosalía en Arteixo
A Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a
través de Rede Municipal de Bibliotecas, celebra o Día de Rosalía cunha serie
de actividades para honrar á nai das nosas letras.
O primeiro dos actos
ten como protagonista ao alumnado da Eso do Ies Manuel Murguía que asistirá á representación
da obra “Tecín soia a miña tea”, dramatizacións da obra Rosaliana e que correrá a cargo da actriz Ana Hermida. Terá lugar os días 21 e 22 e dará comezo ás
11:00 h.
O acto central será o “Concurso
de poesía Homenaxe a Rosalía de Castro” que este ano xa vai pola cuarta edición.
Está dirixido á infancia de entre 8 a 12 anos, que recitarán os seus propios
poemas. Cada participante levará un agasallo, haberá ademáis un premio por cada
unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana
Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg e tamén se encargará de facer unha
homenaxe poética feminina á Rosalía de Castro mentres delibera o xurado
composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique
Rabuñal”.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
colexios,
Día de Rosalía,
homenaxes,
Ies,
poesía,
Poesía é nome de muller,
Rexurdimento,
Rosalía
venres, 9 de febreiro de 2018
Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía en Pazos de Borbén
O Concello de
Pazos de Borbén celebra o Día de Rosalía coa obra "Tecín soia a miña
tea", onde Ana Hermida fará dramatizacións de poemas da nai das nosas
letras. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que
ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller,
da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e
non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa,
dura. Unha muller interpretando a outra muller.
Será o martes 20 de febreiro ás 13:00 h. no Auditorio do Concello. Está organizado pola Biblioteca de Pazos de Borbén e dirixido ao alumnado de 1º a 4ª da Eso do CPI Curros Enríquez e da Asociación Aspavi.
Será o martes 20 de febreiro ás 13:00 h. no Auditorio do Concello. Está organizado pola Biblioteca de Pazos de Borbén e dirixido ao alumnado de 1º a 4ª da Eso do CPI Curros Enríquez e da Asociación Aspavi.
Etiquetas:
AA,
Ana Hermida,
bibliotecas,
colexios,
Día de Rosalía,
feminismo,
Ies,
Pazos de Borbén,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
xoves, 8 de febreiro de 2018
“O Voitre e a Pomba”, a palabra para combater a violencia de xénero
O público
adolescente reacciona sempre do mesmo xeito ante o que percibe, os comentarios
do coloquio posterior tamén son sempre semellantes, é un aliciente enorme que
nos anima a seguir por este camiño. Nin xogos, nin risas, precisan algo
contundente que o faga reflexionar, pensar e percibir que é algo real, non se
trata dun xogo. Os textos son duros, impactantes e moi necesarios, así o
cremos, por eso existe O Voitre e a Pomba.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)