luns, 28 de decembro de 2015

Un Nadal cheo de contos hoxe no Concello de Teo

Esta tarde estaremos no Concello de Teo para poñer nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes, outras misteriosas...

A cita será na Casa Común dos Tilos hoxe 28 de decembro ás 18:00 h. e a entrada é libre e gratuíta.

luns, 21 de decembro de 2015

Un Nadal cheo de contos no Concello de Curtis

A próxima cita cos contos de Nadal será no Concello de Curtis, un Concello onde atoparse, un lugar para perderse. Ata alí levaremos contos que poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes, outras misteriosas...

Os contos agardan por todas as nenas e nenos que se acheguen ao Edificio Multiusos de Curtis, o mércores 23 de decembro ás 17:00 h., a entrada é libre e gratuíta.

Ana Hermida en Muxía na Gala de entrega de premios: Contos de Nadal que organiza La Voz de Galicia

O pasado sábado celebrouse no Concello de Muxía a gala de entrega de premios: Contos de Nadal, na súa XII edición e que como cada ano, organiza o xornal galego La Voz de Galicia. A gala tivo lugar no Salón de Actos do Voluntariado e foi entrañable e esperanzadora, dándose cita dez nenas e nenos con talento, ilusión, compromiso, amor á literatura e á nosa cultura. Os ollos de felicidade evidenciaban o importante dese acto por e para a infancia premiada.

As autoridades presentes loubaron tanto talento alí representado, os alcaldes do Concello de Muxía, Concello de Zas, a Concelleira de Cultura do Concello de Carballo... e o Director de La Voz de Galicia, deron ao acto a importancia que merecía. Foron moi cariñosos coas persoas premiadas e tiveron palabras que farán medrar neles esa semente que xa teñen e que de seguro seguirán cultivando. Tanto é así que o muxián Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia, sorprendeu a todo o público "contando un conto" de amor á nosa terra, foi, sen dúbida, un acto moi fermoso.

Foi un acto no que tiven o privilexio de ser a mestra de cerimonias desa mañá de sábado inesquecible e tamén de contar contos de igualdade para a infancia e adultos, un acto no que ademáis o premiado tivo unha lembranza para o seu mestre xa xubilado, un acto no que Pazos de Merexo aos seus noventa e tantos anos fixo as delicias coa súa acordeón da que saían unhas notas preciosas que arrincaron dos presentes unha ovación inmensa.... foi, en resumo, un acto moi fermoso.

venres, 18 de decembro de 2015

O Concello de Fene organiza para a infancia Un Nadal cheo de contos

Un Nadal cheo de contos chega á Biblioteca Municipal de Fene, onde Ana Hermida será a encargada de poñer nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.

A cita cos contos e coa maxia do Nadal será o luns 21 na BPM Xosé María Pérez Pallaré do Concello de Fene, ás 12:00 h.

Mañá en Muxía estaremos Contando en Feminino na Gala de entrega de premios: Contos de Nadal

Infancia, profesorado, alcaldes e familias estanse preparando para a xornada de festa que se vivirá mañá en Muxía. O salón de actos do Voluntariado acollerá, ás 12.00 horas, o acto de entrega dos premios da 12.ª edición dos Contos de Nadal, un certame organizado por La Voz de Galicia e Radio Voz. Non só será unha xornada de alegría para as persoas polos galardóns, senón tamén artística e cargada de valores da man de Ana Hermida, quen ademáis, conducirá o acto de entrega de premios.

Entrevista a Ana Hermida no xornal La Voz de Galicia

La Voz de Galicia recolle neste artigo un pequeno resumo da entrevista radiofónica que lle fixeron a Ana Hermida, con motivo da súa actuación "Contando en feminino" que terá lugar en Muxía o vindeiro sábado na Gala de entrega de premios dos Contos de Nadal que organiza La Voz de Galicia.

xoves, 17 de decembro de 2015

Un Nadal cheo de contos no Concello de Cee

O Concello de Cee terá Un Nadal cheo de contos, actividade que organiza ARCE Pedras Miúdas de Lires para o público infantil. Ana Hermida será a encargada de poñer nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.

Os contos e a maxia do Nadal agardan polas nenas e nenos que por alí se acheguen, será o sábado 19 de decembro na Antiga Escola de Lires ás 18:00 h.

Estaremos "Contando en feminino" no Concello de Muxía, na Gala de entrega dos premios Contos de Nadal de La Voz de Galicia

O Concello de Muxía, en plena Costa da Morte, será o escenario para achegar ao público infantil contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coa igualdade será o sábado 19 de decembro no Salón de Actos do Voluntariado do Concello de Muxía ás 12:00 h. nun acto aberto ao público, na Gala de entrega dos premios "Contos de Nadal" que organiza o xornal La Voz de Galicia.

mércores, 16 de decembro de 2015

Un Nadal cheo de contos na Comarca da Terra de Melide

O Concello de Melide, encrucillada dos Camiños de Santiago, será a nova visita que Ana Hermida fará para achegar Un Nadal cheo de contos ao alumnado do Ceip nº 1, serán dúas sesións para infantil e primaria nunha actividade que organiza a Anpa Espertar.

Poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.

Os contos agardan polas nenas e nenos do Ceip Nº 1 do Concello de Melide, o xoves 17 de decembro ás 11:00 h.

Ana Hermida recala no colexio de Louro, así informa La Voz de Galicia da nosa actividade

O Ceip de Louro foi o escenario onde Ana Hermida levou ao alumnado Un Nadal cheo de contos, actividade organizada pola Anpa Agra de Filgueira de Louro. Así o recolle o xornal galego La Voz de Galicia.

O xornal Que pasa na Costa recolle a visita de Ana Hermida a Muros

O xornal galego Que pasa na Costa, leva nas súas páxinas a visita de Ana Hermida ao Concello de Muros para achegar Un Nadal cheo de contos ao alumnado do Ceip de Louro, unha actividade organizada pola Anpa Agra de Filgueira.

luns, 14 de decembro de 2015

O Concello de Muros terá "Un Nadal cheo de contos "

Viaxamos á Comarca de Muros onde poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.

A cita coa maxia do Nadal será no Ceip de Louro, Concello de Muros, o mércores 16 de decembro ás 13:00 h.

O Noticieiro Galego recolle a nosa actividade "Contando en feminino"

Estivemos Contando en feminino no Concello de Valdoviño para conmemorar o Día da Muller e o xornal O Noticieiro Galego recolleu así a noticia.

sábado, 12 de decembro de 2015

El Correo Gallego recolle a nosa actividade "Un Nadal cheo de contos"

O xornal El Correo Gallego faise eco da visita de Ana Hermida ao Centro Sociocultural José Saramago de Vite en Santiago de Compostela, para achegar á infancia compostelá Un Nadal cheo de contos.

A información neste enlace PRETO DE 170 ACTIVIDADES COMPLEMENTAN A OFERTA DE NADAL NOS CENTROS SOCIOCULTURAIS DE SANTIAGO

martes, 8 de decembro de 2015

Un Nadal cheo de contos en Compostela, no CSC José Saramago de Vite

Poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.

Será no Centro Sociocultural José Saramago de Vite, en Compostela, o xoves 10 de decembro ás 18:30 h.