martes, 29 de novembro de 2016

Estaremos "Contando en feminino" para o alumnado de Educación Infantil do Concello de Cee

Por iniciativa do Cim do Concello de Cee, Ana Hermida levará historias onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

Concienciar na igualdade e violencia de xénero é algo que nos preocupa e ocupa todos os días do ano, polo que estaremos en Cee, coas nenas e nenos de Educación Infantil dCPR Manuela Rial Mouzoo mércores 30 de novembro ás 10:30 h.

martes, 22 de novembro de 2016

“Cóntame outra vez” na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela

Os contos clásicos son atemporais, máxicos e estimulan a imaxinación da infancia. Lobos, ogros, heroínas e animais con personalidade propia son personaxes que simbolizan o positivo e o negativo e que lles axudan a superar os seus conflitos. Contaremos para o público infantil contos de sempre para que nenas e nenos disfruten como nunca.
Será o sábado 26 de novembro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.

"Miña casiña, meu lar" teatro contra a violencia de xénero no Concello de Miño

O concello de Miño, con motivo do 25N “Día Internacional contra a Eliminación da Violencia contra a Muller” ten programado este espectáculo. Enfocado dende un punto de vista humorístico, amosa a realidade da muller no seu fogar, reflicte a crúa realidade da situación das mulleres maltratadas, tanto no físico coma no verbal e no psíquico. A soidade dunha muller pechada todo o día na súa casa, a violenta relación á que a somete o seu marido e que ela acepta como normal, a dobre explotación da muller, tanto no traballo como no fogar...

Será o venres 25 de novembro ás 18:30 h. no auditorio do Concello de Miño.

Estaremos “Contando en feminino” o 25N para o alumnado de Educación Infantil do Concello de Rianxo

Por iniciativa da Anpa Cra Rianxo Irmáns Insua e coa colaboración do Concello de Rianxo, Ana Hermida estará contando historias para ir concienciando ao público infantil na igualdade e violencia de xénero, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

O público será o alumnado do Cra Irmáns Insua e as súas familias, será no Auditorio do Cra Asados onde haberá tres sesións, a primeira terá lugar ás 10:00 h. 


“Audio Historias” na Biblioteca de Pastoriza

Inventaremos personaxes que habiten mundos imaxinarios e ambientaremos historias que contaremos en público, como no teatro, aprendendo o valor de escoita e do silencio. Contaremos coa nosa voz paisaxes sonoras, obras de ficción, poemas… e que o público poida velas cos ollos pechados. Usaremos: expresión, dicción, entoación, músicas, efectos… para enriquecer e adornar as nosas audiohistorias.

Está dirixido a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos e terá lugar na Biblioteca de Pastoriza “Miquel Sande” do Concello de Arteixo, o xoves 24 de novembro ás 18:50 h.

Conmemoramos o 25N na EEI de Barrionovo de Arteixo “Contando en feminino”

Cada ano estreamos, nese centro, contos e historias para ir concienciando ao alumnado de educación infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

Sempre é un pracer estar nesa escola, referente na educación e na igualdade. A sesión de contos de igualdade e non violencia de xénero terán lugar na súa biblioteca o xoves 24 de novembro ás 10:00 h.

O Concello de Cedeira conmemora o 25N con "A historia en Feminino"

O 25 de novembro é o “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller” e con tal motivo o Concello de Cedeira ten programadas diversas actividades, entre elas está “A historia en Feminino”, dirixida ao alumnado do Ies Punta Candieira

Ata alí viaxará Ana Hermida para tentar visibilizar ás mulleres borradas da memoria, coñecer a súa historia, os seus logros, a súa vida, achegar a realidade oculta durante séculos, cun apartado especial para as mulleres na Ciencia… darlle o seu lugar ás mulleres que houbo ao longo da historia e que aínda hoxe seguen nun ocultismo inxusto.

Será no auditorio municipal de Cedeira, o mércores 23 ás 12:00 h.

domingo, 20 de novembro de 2016

Contando en feminino, contos sobre a igualdade para o alumnado de Educación Primaria do Concello de Cee

Por iniciativa do Cim do Concello de Cee, Ana Hermida levará contos e historias para tentar concienciar na igualdade e violencia de xénero ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

A cita será o martes 22 de novembro no Auditorio de Casa da Cultura de Cee, ás 10:30 h para o alumnado do CEIP Eugenio López e ás 11:30 h. para o alumnado do CPR Manuela Rial Mouzo.

Contando en feminino, contos sobre a igualdade para o alumnado de Educación Infantil do Concello de Cee

Ana Hermida levará contos e historias para ir concienciando ao público infantil na igualdade e violencia de xénero, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

A iniciativa é do Cim do Concello de Cee, o público ao que vai dirixido son 175 nenas e nenos de educación infantil dos centros educativos: CEIP Igrexa de Brens, E.E.I. de Pereiriña, CPR Manuela Rial Mouzo e CEIP Eugenio López.

A cita cos contos e coa igualdade será o luns 21 de novembro no Auditorio de Casa da Cultura de Cee ás 10:30 h. 

sábado, 19 de novembro de 2016

O xornal La Voz de Galicia recolle as nosas actividades de Igualdade e Violencia de Xénero na Costa da morte

O xornal La Voz de Galicia faise eco da visita que Ana Hermida fará nestes días pola Comarca da Costa da Morte para concienciar na igualdade e violencia de xénero.

Esta noite no Concello de Vimianzo cunha obra de teatro "Miña casiña, meu lar" contra o terrorismo machista e o luns e martes da vindeira semana no Concello de Cee para concienciar ao alumnado infantil dos colexios ceenses, será no auditorio municipal con "Contando en feminino", actividade organizada polo Cim de Cee.

Grazas á La Voz de Galicia, Edición Carballo e a Fran Rodríguez de Radio Voz Bergantiños pola entrevista tan amable que me fixo onte.

mércores, 16 de novembro de 2016

“Miña casiña, meu lar”, teatro contra a violencia de xénero en Vimianzo

"Miña casiña, meu lar" está incluída dentro da programación que o Concello de Vimianzo organiza con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Enfocada dende un punto de vista humorístico, amosa a realidade da muller no seu fogar, reflicte a crúa realidade da situación das mulleres maltratadas, tanto no físico coma no verbal e no psíquico. A soidade dunha muller pechada todo o día na súa casa, a violenta relación á que a somete o seu marido e que ela acepta como normal, a dobre explotación da muller, tanto no traballo como no fogar...

Será o sábado 19 de novembro, no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, ás 21:30 h. e a entrada é de balde.

"Contando en feminino" no Concello de Vedra

Esta semana estivemos percorrendo as escolas pertencentes ao Cra Boqueixón-Vedra “Neira Vilas”, mañá será a última cita para concienciar ao alumnado das escolas infantís na igualdade e violencia de xénero, contaremos historias onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Faime unha especial ilusión contar no Cra que leva o nome de Neira Vilas, ao que tiven a honra de coñecer.

A cita cos contos e coa igualdade será o mércores 17 de novembro, na Escola de San Fins ás 09:30 h. e na Escola de San Xián ás 10:40 h., no Concello de Vedra.

luns, 14 de novembro de 2016

A voz de Galicia recolle a nosa actividade "Contando en feminino"

O Auditorio da Casa da Cultura do Concello de Neda foi o escenario onde Ana Hermida estivo “Contando en feminino” para concienciar na igualdade e violencia de xénero ao alumnado dos colexios: San Isidro e Maciñeira. Así o recolle o xornal galego A voz de Galicia.

domingo, 13 de novembro de 2016

Contando en feminino para o alumado do Cra de Vedra e Boqueixón

Volvemos ter unha cita coa igualdad eco alumnado do Cra Boqueixón-Vedra “Neira Vilas”, Ana Hermida levará contos e historias para ir concienciando ao público infantil na igualdade e violencia de xénero, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

O mércores 16 de novembro a cita será na Escola de Lestedo, Concello de Boqueixón ás 09:30 h. e na Escola de Sarandón, Concello de Vedra, ás 10:40 h.





sábado, 12 de novembro de 2016

A Voz de Galicia faise eco da nosa actividade "Contando en feminino"

Así recolle o xornal La Voz de Galicia a nosa actividade Contando en feminino, que terá lugar, en varias sesións diarias, os vindeiros 21 e 22 de novembro na Casa da Cultura do Concello de Cee, organizado polo Cim ceense para sementar nas escolas a loita contra o sexismo. 

venres, 11 de novembro de 2016

"Contando en feminino" para o alumnado de educación infantil do Concello de Boqueixón

O alumnado do Cra Boqueixón-Vedra “Neira Vilas” recibirá a visita de Ana Hermida, sesión dobre durante tres días, para achegar a ese público tan especial un mundo de contos cheos de mensaxe e diversión para concienciar na igualdade e violencia de xénero. É unha iniciativa da Anpa Val do Ulla do Cra Boqueixón-Vedra.

Serán contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

A primeira cita cos contos e coa igualdade será o martes 15 de novembro, na Escola de Camporrapado ás 09:30 h. e na Escola de Sergude ás 10:50 h., no Concello de Boqueixón.

xoves, 10 de novembro de 2016

Celebramos o Día das Letras Galegas en San Sadurniño “Contando en feminino”

O alumnado da Escola de Educación Infantil do Concello de San Sadurniño o Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal Lendo en San Sadurniño, alí estivo Ana Hermida para achegarlles historias e tentar concienciar á infancia na igualdade e violencia de xénero. As súas mentes miúdas son especialmente sensibles ao que reciben, polo que é un público, según o meu punto de vista, ao que hai que mimar con moito cariño e respecto. Sempre me fan promesas nas que creo firmemente e adquiren un compromiso que sei que van cumprir.

mércores, 9 de novembro de 2016

"Contando en feminino" na Biblioteca Castrillón da Coruña

Serán contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.

A cita coa igualdade será o sábado 12 de novembro na Biblioteca Castrillón do Concello da Coruña ás 12:00 h., a entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.

luns, 7 de novembro de 2016

Contando en feminino, outono en igualdade na Biblioteca Castrillón da Coruña

Os sábados de outono 2016 estarán adicados ao tema da igualdade na Biblioteca Castrillón, pertencente ás Bibliotecas Municipais da Coruña. Alí estaremos Contando en feminino para o público infantil e veremos dun xeito distinto ás protagonistas femininas das historias. Será o sábado 12 de novembro na Biblioteca Municipal Castrillón ás 12:00 h., a entrada e libre e gratuíta ata completar aforamento.

martes, 1 de novembro de 2016

O Voitre e a Pomba, verbas contra a violencia de xénero en Oleiros

O alumnado do IES Miraflores asistirá a un espectáculo dirixido por Santiago Fernández, onde poesía e teatro se dan cita para denunciar a violencia contra as mulleres, homenaxear ás que xa non están e apoiar ás que están sufrindo esta pandemia. Ana Hermida e Santiago Fernández subirán ao escenario para ofrecerlles un espectáculo que pretende amosar a crueza da violencia de xénero, procurar que a adolescencia adquira un compromiso, a súa implicación e sexa consciente da brutal e inxusta realidade. 

Será o venres 4 de novembro ás 11:20 h. no auditorio do Ies Miraflores do Concello de Oleiros.