Homenaxe
a Rosalía de Castro mediante a dramatización dos seus poemas. Este espectáculo
pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes
hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra... O
desexo e ansias súas polo teatro "eu quería ser actriz e non me
deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura.
Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción
para honrar a nai da nosa terra.
xoves, 19 de xullo de 2018
Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía en Compostela
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Compostela,
Día de Rosalía,
feminismo,
homenaxes,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
Homenaxe a Filomena Dato en Bergondo
O acto está organizado polo activista cultural e
párroco de Bergondo, Rubén Aramburu e a Asociación Cultural Lisístrata, que
desde hai tempo organizan diferentes actos para achegar á cidadanía a obra e
figura da poeta nacida en Ourense e falecida en Moruxo (Bergondo).
Comezará o acto coa ofrenda floral no monólito de
Filomena Dato, por parte de representantes do Concello de Bergondo, acto
seguido a gaiteira Ana Rodríguez interpretará o Himno Galego, a continuación Rubén
Aramburu, párroco de Bergondo fará unha misa na honra da “Poeta das Mariñas” que
será cantada por Bea a de Estrella, para rematar o acto a obra poética de
Filomena Dato soará na voz de Ana Hermida co recital “Ningún lazo a suxeita”.
Esta sentida homenaxe, aberta a toda a cidadanía, será
o xoves 26 de xullo ás 19:30 h na Igrexa de San Vicente de Moruxo, no Concello
de Bergondo.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Bergondo,
feminismo,
Filomena Dato,
homenaxes,
igualdade,
Ningún lazo a suxeita,
poesía,
Rag
martes, 17 de xullo de 2018
Rosalía de Castro en Compostela
A nosa particular homenaxe a Rosalía de Castro,
con Ana Hermida, non é algo puntual nin de datas no calendario, Rosalía leva con
nós anos, levamos a súa obra, a súa palabra, a súa mensaxe... á rúa, aos
colexios, aos institutos, aos teatros. Ela é o importante, quen ouse cambiarlle
a súa imaxe para facela máis atractiva (ela xa era bonita dabondo), quen queira
converter a súa figura nunha feira, quen se queira apropiar dela, quen
pretenda convertela nun produto, está moi equivocada. Rosalía foi, é e
será nosa, do pobo, por eso é grande.
O sábado 28 de xullo Rosalía de Castro estará no espazo de arte "Os Catro Gatos", ás 12:00 h.
O sábado 28 de xullo Rosalía de Castro estará no espazo de arte "Os Catro Gatos", ás 12:00 h.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
Compostela,
feminismo,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea,
videos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)