sábado, 10 de abril de 2021

Mantense aberto o II Premio de Oratoria "Filomena Dato"

En agosto do 2020 convocamos o II PREMIO DE ORATORIA “FILOMENA DATO”, o primeiro que leva o nome da poeta, para alumnado dos diferentes ciclos do Ensino e para centros públicos ou privados (Primaria, Secundaria, Fp e Bacharelato) de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética, narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo, ademáis de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século. O tema deste ano será: "Mansplaining". No verán de 2020 convidamos á Real Academia Galega a que inclúa este termo no seu diccionario.

Para máis información: premios, categorías, inscrición... consulta as Bases.

O prazo máximo de inscrición, que se fará no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com, será o día: 01/07/2021 e o acto de entrega farase coincidir co domingo máis próximo ao 26 de xullo, aniversario do nacemento de Filomena (no 2021 será o 25 de xullo).

Na foto, xunto á ilustración de Filomena, obra do artista Iván del Río, Ana Hermida no dia presentación do "II Premio de Oratoria Filomena Dato".

luns, 5 de abril de 2021

Celebramos o Día do Libro “Tecendo soños” no Concello de Arteixo

Hai libros grandes, pequenos, libros de aventuras, de viaxes, de animais… libros que nos fan vivir situacións e momentos irrepetibles. Os libros espertan a nosa imaxinación e fan que nos sintamos protagonistas da historia. Celebramos o Día do Libro tecendo soños, levando ilusión ao público infantil coas máxicas historias que se agochan nos libros. Convídote a soñalas.

A festa do libro terá lugar nun encontro feliz coa infancia do Concello de Arteixo o xoves 08 de abril, na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, ás 18:30 h.