Ilustración e deseño: Iván del Río ©Todos os dereitos reservados



Convócase o II PREMIO DE ORATORIA “FILOMENA DATO”, o primeiro que leva o nome da poeta, para alumnado dos diferentes ciclos do Ensino e para centros públicos ou privados de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética, narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo, ademáis de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século. O tema deste ano será: "Mansplaining". No verán de 2020 convidamos á Real Academia Galega a que inclúa este termo no seu diccionario.
O prazo máximo de inscrición, que se fará no correo
electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com, será o día:
01/07/2021 e o acto de entrega farase coincidir co domingo máis próximo ao 26 de xullo, aniversario do nacemento de
Filomena (no 2021 será o 25 de xullo).
Convócase o I PREMIO DE ORATORIA “FILOMENA DATO” para
alumnado dos diferentes ciclos do Ensino Obrigatorio e para centros públicos ou
privados de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e
a expresión –poética, narrativa e discurso– do Idioma Galego e o
Feminismo, ademáis de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos
referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda escritora,
despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século. O tema deste ano é a "Sororidade".
Eliximos o 26 de febreiro, aniversario do seu pasamento para a
presentación deste premio, cuxa ilustración é obra do artista Iván del Río. O acto de entrega farase coincidir coa data do seu nacemento,
o 26 de xullo.
Filomena naceu en Ourense o 26 de xullo de 1856, mantivo desde nova unha estreita amizade coa escritora Sofía Casanova, Emilia
Pardo Bazán, Fanny Garrido, Pérez Lugín, Curros Enríquez, Manuel Murguía, Lamas
Carvajal, Antón Vilar Ponte… Na década dos oitenta converteuse non só nunha
poeta profusamente premiada senón, e sobre todo, nunha das voces máis
sobranceiras do feminismo galeguista de entre séculos, destacou pola súa faceta
como oradora en varios foros en defensa das mulleres e de Galiza. No ano 1906,
ano da fundación da RAG, foi nomeada académica correspondente. Os últimos anos
pasounos en Moruxo (Bergondo) onde cega, finou a causa dun coma diabético o 26
de febreiro de 1926.
Convidamos á Real Academia Galega a que inclúa a palabra SORORIDADE no seu diccionario e siga o camiño da Real Academia Española que a incluíu en decembro de 2018. Expresamos
o noso agradecemento á Rag por incluír no ano 2019 no seu diccionario o termo Sororidade.
Atendendo as suxestións da comunidade educativa, adiamos o prazo de
presentación ata o 1 de marzo do ano 2020.
Debido á EXCEPCIONALIDADE que estamos a vivir, mantemos aberto o prazo de
presentación e pedimos ás familias a súa implicación para que nenas e menos poidan
participar desde as súas casas coas súas gravacións. O prazo remata o xoves 30 de abril ás 14:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario