Foron poetas por un día, rimaron, xogaron, cantaron... as nenas e nenos de Meicende estaban con moitos desexos de ler e disfrutar coa poesía, estiveron moi participativos acompañados dos seus maiores, que tamén participaron das actividades.
xoves, 8 de xaneiro de 2015
Na Coruña tiveron Un Nadal cheo de contos
Foi na Biblioteca Pública da Coruña, Miguel González Garcés, un sábado de inverno no que as nenas e nenos chegaron coa ilusión posta nos ollos das persoas que agardan que os soños se fagan realidade.
Tamén, entre as persoas asistentes, houbo quen contou as súas historias de Nadal, unhas máis clásicas e outras máis... disparatadas. Grazas a unha nai coa que interactuamos, o público asistente tivo unha visión do Nadal moi divertida. Despedímonos cantando panxoliñas, das nosas... en galego.
Etiquetas:
A Coruña,
Ana Hermida,
bibliotecas,
BP González Garcés,
contos,
Nadal e Reis,
Un Nadal cheo de contos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)