Os contos da igualdade chegan a Arteixo. Despois de dous anos de vida de Contando en Feminino, fainos especial ilusión
contar estes contos no lugar onde naceron.
Serán contos
contados dende a perspectiva de xénero e igualdade para ir concienciando aos
máis novos, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo
igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista
non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e
contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coas historias e coas nenas e nenos será o xoves na Biblioteca Central de
Arteixo, ás 18:50 h.