venres, 19 de febreiro de 2021
A invisibilización da muller tamén é violencia de xénero, por eso naceu hai anos "A historia en Feminino"
luns, 8 de febreiro de 2021
Celebramos o 24 F con "Pitusiña" e Rosalía na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Pitusiña é unha nena arrichada que pensa, fala e xoga en galego. Un día, farta de que sempre lle digan cousas que non entende: "Fala ben, así non se di...", decide facer unha viaxe no tempo buscando a Rosalía de Castro para que lle axude. Unha viaxe á que vos convida, queredes acompañala? Espectáculo de monicreques e actriz.
Será o sábado 27 de febreiro no Salón de Actos da Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, ás 12:00 h.
mércores, 20 de xaneiro de 2021
A Voz de Galicia faise eco do Premio de Oratoria "Filomena Dato"
venres, 1 de xaneiro de 2021
Contamos historias do "Nadal no mundo" na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Celebramos o Nadal no mundo na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela nun
salón de actos cheo de público, alí compartimos contos, curiosidades e cantamos panxoliñas de todo
o mundo, tamén compartimos máscara, non podo entender como alguén pode pedir e/ou contar sen ela, fago un chamamento ás contadoras de historias, cumpride as
normas e tede respecto e empatía coas persoas que asisten aos actos, e co
persoal que a leva posta durante todo o día, todos os días, por favor, pódese
contar con ela, o importante son as historias e o público, as persoas que
contamos somos transmisoras, non protagonistas, eu sempre a levo e non pasa
nada, escóitase perfectamente, o público infantil segue as historias e
reacciona cando e como debe, así o demostra cos seus comentarios e as súas
reaccións, os ollos reflicten todo.
Foi marabilloso ver a ilusión nos pequenos ollos inocentes das nenas e nenos que me contaban como viven o Nadal e as súas experiencias na noite de Reis, mesmo unha pequeniña de escasos catro anos contoume que hai moitísimos anos vira a Papá Noel voando no trineo cos renos cando lle ía deixar os regalos na súa casa. Que sorte poder compartir estas experiencias, o certo é que a Biblioteca Ánxel Casal é un espazo tamén máxico, sempre cheo de público infantil e adulto que se implica moitísimo. Moitas grazas ás nenas e nenos, ás nais e pais, ao persoal da Biblioteca que fai posible que todo esto pase, sempre é un pracer estar nesa biblioteca, é como volver á casa, grazas, seguro que os Reis Magos se van portar moi ben con toda esta xente boa.