A cita coa igualdade será o mércores 21 de
agosto ás 12:00 h. na Biblioteca Pública Municipal do Carballiño, que
organiza esta actividade para concienciar na igualdade e violencia de xénero.
venres, 9 de agosto de 2019
"Contando en feminino", contos para concienciar na igualdade e violencia de xénero, no Concello de O Carballiño
xoves, 8 de agosto de 2019
Honrando a Filomena Dato en Bergondo, no aniversario do seu nacemento
Outro
ano máis estivemos en Bergondo honrando A Filomena Dato, á que o seu amigo
Pérez Lugín lle concedeu o título de “a poeta das Mariñas”, a escritora máis
premiada do século XIX e académica correspondente da Real Academia Galega. Estivemos
ofrecendo un recital da súa obra con “Ningún lazo a suxeita”, onde Ana Hermida
puxo voz ás composicións da poeta. Foi na Igrexa de San Vicente de Moruxo, no
Concello de Bergondo. O acto estivo organizado polo activista cultural e crego, Rubén
Aramburu, xunto coa Asociación Cultural Lisístrata.
Desde
hai anos Ana Hermida, da Asociación Lisístrata, leva facendo investigacións e
unha serie de actividades para visibilizar e darlle o lugar que lle corresponde
á figura e obra de Filomena Dato, polo que rexeitamos calquera aproveitamento que
da poeta fan outras persoas e entidades “para o seu propio lucimento e beneficio”
coas aportacións realizadas por nós. Cousa propia de xente
covarde, necia, sen principios e carente de talento é apropiarse do traballo
dunha muller e invisibilizala.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Bergondo,
feminismo,
Filomena Dato,
homenaxes,
igualdade,
Ningún lazo a suxeita,
poesía,
Rag
mércores, 7 de agosto de 2019
Estaremos contando “A historia en Feminino” no Concello de O Carballiño
Viaxaremos á Comarca do Carballiño para contar a
"Historia en Feminino", alí Ana Hermida fará un achegamento ao público
infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo
ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras,
deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia
en feminino. Actividade organizada pola Biblioteca Municipal do Carballiño.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da
historia, o mércores 14 de agosto ás 12:00 h., no Salón de Actos da Biblioteca Pública Municipal do Concello do
Carballiño.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)