Porque o feminismo non entende de virus, estivemos sementando feminismo para conmemorar o "Día Internacional da Muller" na Biblioteca de Froxel do Concello de Arteixo, gardando as distancias de seguridade e con máscaras. A actividade tivo un público moi diverso, tal como podedes comprobar pola imaxe.
Uns meses máis tarde coincidín coa nai desa nena que estaba en primeira fila cos ollos moi abertos, contoume que a súa filla lembraba a historia que eu contara desta muller da imaxe, con todo detalle. Grazas por tanto como recibo.