A Concellería de Cultura do Concello de Arteixo a
través de Rede Municipal de Bibliotecas, celebra o Día de Rosalía cunha serie
de actividades para honrar á nai das nosas letras.
O primeiro dos actos
ten como protagonista ao alumnado da Eso do Ies Manuel Murguía que asistirá á representación
da obra “Tecín soia a miña tea”, dramatizacións da obra Rosaliana e que correrá a cargo da actriz Ana Hermida. Terá lugar os días 21 e 22 e dará comezo ás
11:00 h.
O acto central será o “Concurso
de poesía Homenaxe a Rosalía de Castro” que este ano xa vai pola cuarta edición.
Está dirixido á infancia de entre 8 a 12 anos, que recitarán os seus propios
poemas. Cada participante levará un agasallo, haberá ademáis un premio por cada
unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana
Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg e tamén se encargará de facer unha
homenaxe poética feminina á Rosalía de Castro mentres delibera o xurado
composto polo Clube de Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique
Rabuñal”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario