A infancia coñecerá, dun xeito divertido e ameno, a historia que non está nos libros de texto, a das nosas avoas e bisavoas que ergueron a voz e loitaron para cambiar o mundo. Nenas e nenos tenden a sentirse protagonistas das historias, polo que lles achegaremos referentes moi coidados e mediante contos, curiosidades e xogos repasaremos os logros e a evolución do feminismo ata os nosos días. Porque o feminismo tamén pode ser divertido.
martes, 25 de xuño de 2019
venres, 14 de xuño de 2019
“Miña casiña, meu lar”, teatro contra a violencia de xénero no Concello de Pontedeume
Enfocada
dende un punto de vista humorístico, amosa a realidade da muller no seu entorno
diario, reflicte a crúa situación das mulleres maltratadas, tanto no físico,
coma no verbal, sexual, laboral, psíquico… Diferentes situacións, diferentes
mulleres e unha soa actriz que dá vida a todas elas. Sempre cun eixo común, a
inxusta realidade coa que se atopan, aínda hoxe, as mulleres no seu día a día.
Todo esto posto enriba dun escenario para tentar concienciar ao público e
promover o debate sobre o tema.
Será o
venres 21 de xuño ás 20:30 h., na Casa da Cultura do Concello
de Pontedeume.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)