luns, 24 de novembro de 2025

"Feministorias" no Concello de Miño para conmemorar o 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"

Viaxamos ao Concello de Miño, na  Comarca de Betanzos, onde Ana Hermida estará sementando feminismo para o alumnado de 3º e 4º de primaria do Cpi Castro Baxoi, así, dun xeito divertido e ameno, coñecerán a historia que non está nos libros de texto, a das nosas avoas e bisavoas que ergueron a voz e loitaron para cambiar o mundo. Conmemoramos así o 25N, porque o feminismo tamén pode ser divertido. 

Será o martes 25 de novembro, no auditorio do Concello, ás 10:30 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario