Nenas, igualdade, xogos, nenos, libros, contos, violencia de
xénero, nais, historias, infancia, concienciación, pais,… verbas cun
significado feito realidade grazas ás Bibliotecas Municipais da Coruña. Alí, no
centro do saber, na casa das palabras, deuse cita este Nadal un encontro da
igualdade coa infancia, para concienciar na loita contra a violencia de xénero
ao público infantil que asistiu á sesión de contos na Biblioteca Ágora do
Concello da Coruña. Teño comprobado que as historias son un medio marabilloso
para que reflexionen, opinen, decidan que está ben e que está mal e... sempre
acertan. Ben quixera eu que as persoas adultas tivesen tan claro que un insulto
non se pode consentir, que hai cousas que non se deben facer. É realmente
gratificante ver como seres transparentes teñen a verdade no seu corazón,
espero e desexo que sigan ese camiño no futuro, así mo prometeron e eu sempre
creo na súa palabra.
xoves, 9 de marzo de 2017
O Voitre e a Pomba, a forza da palabra contra o terrorismo machista, en Oleiros
Estivemos no Concello de Oleiros concienciando na igualdade e violencia de
xénero ao alumnado do Ies Miraflores. Enriba do escenario estaba a mellor arma,
a palabra, actor e actriz dándolle vida a textos duros de mulleres e homes,
textos que que fan remexer conciencias. Santiago Fernández e Ana Hermida, antes
de converternos en personaxes, sempre facemos unha lectura do manifesto contra
a violencia de xénero, momento que recolle a foto, a continuación vai a
representación e para rematar o debate. O que pretendemos é facer reflexionar,
crear conciencia colectiva e persoal sobre a igualdade e violencia de xénero,
cando rematamos e o público adolescente se achega a facernos comentarios sobre
o que viviron, parece que o obxectivo está cumprido. A actividade estivo organizada
pola Anpa Miguel Hernández, á que agradecemos o seu compromiso coa igualdade e a
cultura, grazas tamén ás persoas responsables do Instituto e ao público
adolescente polo seu comportamento exemplar.
Monólogos contra a violencia de xénero no Concello de Miño, coa obra “Miña casiña, meu lar”
O Concello de Miño conmemorou o 25N con
monólogos para concienciar na igualdade e violencia de xénero. Ana Hermida despois da súa actuación teatral,
propiciou un debate no que o público estivo moi participativo e foi, coma
sempre, moi enriquecedor. Agradezo a súa participación e tamén a boa
disposición das persoas do Concello responsables de que actos coma este se
leven a cabo. Sorprendeume moi
gratamente saber que, entre as persoas que participaron no debate, estaban
responsables da política do Concello, Alcalde Ricardo Sánchez
Oroza, Concelleiras… polo que non quero
deixar de agradecer a súa implicación na loita contra o terrorismo machista.
Etiquetas:
Ana Hermida,
igualdade,
Miña casiña meu lar,
Miño,
monólogos,
teatro,
violencia de xénero
venres, 24 de febreiro de 2017
Así foi o "Día de Rosalía" en Arteixo
Este ano o Concello de Arteixo declarou o 24 de febreiro “Día de Rosalía”,
con tal motivo o alumnado do Ies Manuel Murguía asistiu durante dous días con dúas
sesións diarias ao espectáculo “Tecín soia a miña tea”, onde Ana Hermida fixo
unha dramatización sobre a obra da poeta, nas que tamén se falou da súa vida,
obra, houbo preguntas, debate, teatro, poesía… actividade organizada pola
Concellería de Cultura en colaboración coas Bibliotecas do Concello. Esta mañá tivo
lugar no Anfiteatro o acto central aberto á cidadanía na que se leu a súa obra
por todas as persoas que libremente por alí se achegaron a homenaxear a Rosalía
no aniversario do seu nacemento.
Abriu o acto Inés Ramos
Álvarez, Concelleira de Servizos Sociais e da Área de Benestar Comunitario, que
fixo alusión ao pleno onde se acordou declarar o 24 de
febreiro Día de Rosalía no noso concello. Seguidamente Ana Hermida leu o Manifesto da AELG, que este ano
redactou Ledicia Costas. A voz de Rosalía comezaba a soar nas voces do pobo,
xente que ía de paseo e achegouse a ler a obra, nenos que participaron do Certame
de Recitados Rosalía de Castro que se celebra cada ano organizado pola
Concellería de Cultura e as Bibliotecas de Arteixo, persoas que viñan da compra
e alí mesmo elixiron o poema para poñerlle voz, outras xa traían o seu libro co
poema preparado, mocidade, infancia, persoas adultas… a poeta do pobo na voz do
pobo.
A representación institucional
estivo nas voces de Inés Ramos e da Concelleira de Cultura
e Festas Ana Bello, en representación do goberno popular do Concello, que tamén leron
poemas pare render homenaxe á escritora, así como a concelleira Susana Lebón, en
representación do partido socialista, que fixo a súa lectura e reflexións sobre
o significado de Rosalía para ela. Alfredo Ferreiro, escritor afincado en
Arteixo, deu lectura ao poema Traición a Rosalía de Castro, creación a partir
doutro de Rosalía, o Airiños, airiños aires.
Pechouse o acto coa homenaxe á estatua de Rosalía en Compostela no
centenario da súa inauguración, lembramos como naceu a idea, como se xuntaron
os cartos, a participación do pobo, a xenerosidade e esforzo de Fraiz, a
contribución do alumnado da época, os discursos, etc. Todo acompañado cunha
exposición de Rosalía, da súa familia, da súa vida, da inauguración da estatua
de Rosalía. Quixen estar arropupada por ela, polo que levei esa exposición da
miña propiedade, como tamén quixen que estivera presente alguén moi importante e
á que lle debemos moito, Helena Villar Janeiro, alí estaba o seu traballo a
modo de libro infantil “Rosalía”, para que todas as nenas e nenos que quixeran,
poideran ler a voz de toda unha experta en Rosalía.
O noso agradecemento a todas as persoas que participaron do acto, tanto na
lectura como ao público que asistiu á homenaxe.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
Día de Rosalía,
homenaxes,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía
xoves, 23 de febreiro de 2017
Arteixo achega a figura de Rosalía de Castro ao público escolar con "Tecín soia a miña tea"
Hoxe Rosalía de Castro, na voz de Ana Hermida, volverá
estar co alumnado do Ies Manuel Murguía. Faremos un repaso pola súa
biografía e pola súa obra, haberá representación teatral, dramatización da súa
obra e participación do alumnado, que terá ocasión de poñer voz á nosa Poeta nacional.
É o segundo día de encontro co
público escolar, realmente é moi gratificante comprobar o gran interese sobre a
súa obra, a súa vida, a súa familia, había moitas mans erguidas para aclarar
dúbidas.., teñen xa unha imaxe dunha Rosalía loitadora, feminista, comprometida
e dona dunha obra de inmensa valía. Aínda resoan na miña mente as risas estrondosas
dese público que onte disfrutou coa obra Rosaliana.
A actividade está organizada pola Biblioteca do
Concello de Arteixo e dirixida ao alumnado do Ies Manuel Murguía para celebrar o Día de Rosalía. Serán
dúas sesións, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural, a primeira
comezará ás 11:00 h. e a seguinte ás 13:00 h.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
Día de Rosalía,
feminismo,
homenaxes,
Ies,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
O Concello de Arteixo celebra o Día de Rosalía cun acto aberto á cidadanía
Despois dunha semana con actividades
dirixidas ao público escolar, o Concello de Arteixo celebra o Día de Rosalía
co acto central e aberto a todo o público, onde Ana Hermida dará lectura ao
Manifesto da AELG, que este ano foi redactado por Ledicia Costas. Tamén haberá
lugar para que todas as persoas que por alí se acheguen participen coas súas lecturas da obra de Rosalía. Neste ano celébrase o 180 aniversario do nacemento de Rosalía e o
centenario da inauguración da estatua que dela hai en Compostela, e que tamén
será obxecto dunha homenaxe neste acto público, facendo unha lembranza daquel
día.
Convidamos á toda a cidadanía de
Arteixo a que participe desta gran festa Rosaliana, será o venres 24 ás 12:00
h. no Anfiteatro de Arteixo.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
Día de Rosalía,
homenaxes,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
luns, 20 de febreiro de 2017
Arteixo celebra o Día de Rosalía con "Tecín soia a miña tea"
O 22 de febreiro Rosalía de Castro visitará o
concello de Arteixo, onde naceu o seu marido Manuel Murguía. Celebraremos o Día
de Rosalía con Ana Hermida, que achega a súa obra "Tecín soia a miña
tea", para homenaxear á nai das nosas letras.
Serán dramatizacións de
poemas de Rosalía de Castro. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía
actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos
homes, a defensa da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro
"eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces
divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra
muller para
honrar a nai da nosa terra.
Serán
dúas sesións, na Sala de Exposicións do
Centro Cívico Cultural, para o alumnado do Ies Manuel Murguía. A primeira comezará ás 11:45
h. e a seguinte ás 13:00 h.
Etiquetas:
AELG,
Ana Hermida,
Arteixo,
Día de Rosalía,
feminismo,
homenaxes,
Ies,
poesía,
Rexurdimento,
Rosalía,
teatro,
Tecín soia a miña tea
venres, 10 de febreiro de 2017
Deixamos "Un Nadal cheo de contos" na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Comezamos con
cancións e contos de Nadal e rematamos con cantares de Reises, o público da
Biblioteca Ánxel Casal é moi participativo, foron moitas as nenas e nenos que
quixeron deleitarnos coas súas particulares panxoliñas, momento que disfrutamos todas as persoas presentes. Ver o interese que
teñen polas nosas tradicións de Nadal, así como escoitar á infancia cantar as nosas
panxoliñas é algo que non ten prezo, é sementar amor pola lingua galega, pola
nosa cultura, polas nosas tradicións… Marcharon aprendendo a pedir o aguinaldo mentres eu quedaba co sorriso nos ollos.
Etiquetas:
Ana Hermida,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
Nadal e Reis,
Un Nadal cheo de contos
venres, 9 de decembro de 2016
Mitoloxía para xente miúda no Concello de Valdoviño
Este Nadal estaremos no Concello de
Valdoviño contando historias de aventuras sobrehumanas, de heroínas e heroes lendarios, de
deuses que dominaban a terra, contos cheos de fantasía. Mitos fantásticos de
todo o mundo que chegaron ata os nosos días para que o público infantil medre
coa fantasía dese mundo máxico que serviu aos nosos antigos para buscar
explicacións ao descoñecido.
Será o luns 26 de decembro, na Casa da Cultura de Valdoviño, ás 18:00 h.
Será o luns 26 de decembro, na Casa da Cultura de Valdoviño, ás 18:00 h.
“Audio Historias” na Biblioteca de Meicende
Inventaremos
personaxes que habiten mundos imaxinarios e ambientaremos historias que
contaremos en público, como no teatro, aprendendo o valor de escoita e do
silencio. Contaremos coa nosa voz paisaxes sonoras, obras de ficción, poemas… e
que o público poida velas cos ollos pechados. Usaremos: expresión, dicción,
entoación, músicas, efectos… para enriquecer e adornar as nosas audiohistorias.
Este obradoiro, dirixido
a nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, terá lugar na Biblioteca do CSC de
Meicende “Antón Castro” do Concello de Arteixo, o mércores 14 de decembro ás
18:15 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
Audio Historias,
bibliotecas,
contos,
Escola de Teatro,
obradoiro,
poesía,
RadioTeatro,
teatro
martes, 6 de decembro de 2016
“Un Nadal cheo de contos” na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos
de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do
sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos
de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que,
seguramente, algún día serán realidade.
A cita cos contos e coa maxia do Nadal
será o sábado 10 de decembro, no salón de actos da Biblioteca Pública de
Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
Nadal e Reis,
Un Nadal cheo de contos
martes, 29 de novembro de 2016
Estaremos "Contando en feminino" para o alumnado de Educación Infantil do Concello de Cee
Por iniciativa do Cim
do Concello de Cee, Ana
Hermida levará historias onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos
contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén
onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas
identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Concienciar na igualdade e violencia de
xénero é algo que nos preocupa e ocupa todos os días do ano, polo que estaremos en Cee, coas nenas e nenos de Educación Infantil do CPR Manuela Rial Mouzo, o mércores
30 de novembro ás 10:30 h.


Etiquetas:
abuso infantil,
Ana Hermida,
Cee,
Cim,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
violencia de xénero
martes, 22 de novembro de 2016
“Cóntame outra vez” na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Os contos clásicos son
atemporais, máxicos e estimulan a imaxinación da infancia. Lobos, ogros,
heroínas e animais con personalidade propia son personaxes que simbolizan o
positivo e o negativo e que lles axudan a superar os seus conflitos. Contaremos
para o público infantil contos de sempre para que nenas e nenos disfruten como
nunca.
Será o sábado 26 de novembro, no salón de actos da Biblioteca Pública de
Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
Cóntame outra vez,
contos
"Miña casiña, meu lar" teatro contra a violencia de xénero no Concello de Miño
O concello de Miño, con
motivo do 25N “Día Internacional contra a Eliminación da Violencia contra a
Muller” ten programado este espectáculo. Enfocado dende un punto de vista
humorístico, amosa a realidade da muller no seu fogar, reflicte a crúa
realidade da situación das mulleres maltratadas, tanto no físico coma no verbal
e no psíquico. A soidade dunha muller pechada todo o día na súa casa, a violenta
relación á que a somete o seu marido e que ela acepta como normal, a dobre
explotación da muller, tanto no traballo como no fogar...
Será o venres 25 de novembro ás 18:30 h. no auditorio do Concello de Miño.
Será o venres 25 de novembro ás 18:30 h. no auditorio do Concello de Miño.
Etiquetas:
25N,
Ana Hermida,
Día da Violencia de Xénero,
igualdade,
Miña casiña meu lar,
Miño,
monólogos,
teatro,
violencia de xénero
Estaremos “Contando en feminino” o 25N para o alumnado de Educación Infantil do Concello de Rianxo
Por iniciativa da Anpa Cra Rianxo Irmáns Insua e
coa colaboración do Concello de Rianxo, Ana Hermida estará contando historias
para ir concienciando ao público infantil na igualdade e violencia de xénero,
onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario.
Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa
como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando,
apréndese a formar en igualdade.
Haberá tres sesións no Auditorio do Cra Asados para alumnado e familias, tendo lugar a primeira ás 10:00 h.
Por iniciativa da Anpa Cra Rianxo Irmáns Insua e coa colaboración do Concello de Rianxo, Ana Hermida estará contando historias para ir concienciando ao público infantil na igualdade e violencia de xénero, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
Haberá tres sesións no Auditorio do Cra Asados para alumnado e familias, tendo lugar a primeira ás 10:00 h.
“Audio Historias” na Biblioteca de Pastoriza
Inventaremos personaxes que habiten mundos imaxinarios e ambientaremos
historias que contaremos en público, como no teatro, aprendendo o valor de
escoita e do silencio. Contaremos coa nosa voz paisaxes sonoras, obras de
ficción, poemas… e que o público poida velas cos ollos pechados. Usaremos:
expresión, dicción, entoación, músicas, efectos… para enriquecer e adornar as
nosas audiohistorias.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
Audio Historias,
bibliotecas,
contos,
Escola de Teatro,
poesía,
RadioTeatro,
teatro
Conmemoramos o 25N na EEI de Barrionovo de Arteixo “Contando en feminino”
Cada ano estreamos, nese centro, contos e historias para ir concienciando ao alumnado de educación infantil, onde o rol
feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos
tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como
algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a
formar en igualdade.
Sempre é un pracer estar nesa escola, referente
na educación e na igualdade. A sesión de contos de igualdade e non violencia de
xénero terán lugar na súa biblioteca o xoves 24 de novembro ás 10:00 h.
O Concello de Cedeira conmemora o 25N con "A historia en Feminino"
O 25 de novembro é o “Día Internacional da Eliminación da Violencia
contra a Muller” e con tal motivo o Concello de Cedeira ten programadas
diversas actividades, entre elas está “A historia en Feminino”, dirixida ao alumnado
do Ies Punta Candieira
Ata alí viaxará Ana Hermida para tentar visibilizar ás mulleres borradas
da memoria, coñecer a súa historia, os seus logros, a súa vida, achegar a
realidade oculta durante séculos, cun apartado especial para as mulleres na Ciencia… darlle o seu lugar ás mulleres que houbo ao
longo da historia e que aínda hoxe seguen nun ocultismo inxusto.
domingo, 20 de novembro de 2016
Contando en feminino, contos sobre a igualdade para o alumnado de Educación Primaria do Concello de Cee
Por iniciativa do Cim do Concello de Cee, Ana Hermida levará contos
e historias para tentar concienciar na igualdade e violencia de xénero ao
público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón
algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a
protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.
Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita será o martes 22 de novembro no Auditorio de Casa da Cultura de Cee, ás 10:30 h para o alumnado do CEIP Eugenio López e ás 11:30 h. para o alumnado do CPR Manuela Rial Mouzo.
A cita será o martes 22 de novembro no Auditorio de Casa da Cultura de Cee, ás 10:30 h para o alumnado do CEIP Eugenio López e ás 11:30 h. para o alumnado do CPR Manuela Rial Mouzo.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Cee,
Cim,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
violencia de xénero
Contando en feminino, contos sobre a igualdade para o alumnado de Educación Infantil do Concello de Cee
Ana Hermida levará
contos e historias para ir concienciando ao público infantil na igualdade e
violencia de xénero, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos,
senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a
protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.
Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A iniciativa é do
Cim do Concello de Cee, o público ao que vai dirixido son 175 nenas e nenos de educación infantil dos centros
educativos: CEIP Igrexa de Brens, E.E.I. de Pereiriña, CPR Manuela Rial
Mouzo e CEIP Eugenio López.
A cita cos contos e coa igualdade será o luns 21 de novembro no Auditorio de Casa da Cultura de Cee ás 10:30 h.
A cita cos contos e coa igualdade será o luns 21 de novembro no Auditorio de Casa da Cultura de Cee ás 10:30 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Cee,
Cim,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
violencia de xénero
sábado, 19 de novembro de 2016
O xornal La Voz de Galicia recolle as nosas actividades de Igualdade e Violencia de Xénero na Costa da morte
O xornal La Voz de Galicia faise eco da visita que Ana
Hermida fará nestes días pola Comarca da Costa da Morte para concienciar na igualdade e
violencia de xénero.
Esta noite no Concello de Vimianzo cunha obra de teatro "Miña casiña, meu lar" contra o terrorismo machista e o luns e martes da vindeira semana no Concello de Cee para concienciar ao alumnado infantil dos colexios ceenses, será no auditorio municipal con "Contando en feminino", actividade organizada polo Cim de Cee.
Grazas á La Voz de Galicia, Edición Carballo e a Fran Rodríguez de Radio Voz Bergantiños pola entrevista tan amable que me fixo onte.
Esta noite no Concello de Vimianzo cunha obra de teatro "Miña casiña, meu lar" contra o terrorismo machista e o luns e martes da vindeira semana no Concello de Cee para concienciar ao alumnado infantil dos colexios ceenses, será no auditorio municipal con "Contando en feminino", actividade organizada polo Cim de Cee.
Grazas á La Voz de Galicia, Edición Carballo e a Fran Rodríguez de Radio Voz Bergantiños pola entrevista tan amable que me fixo onte.
mércores, 16 de novembro de 2016
“Miña casiña, meu lar”, teatro contra a violencia de xénero en Vimianzo
"Miña casiña, meu lar" está incluída
dentro da programación que o Concello de Vimianzo organiza con motivo
do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Enfocada
dende un punto de vista humorístico, amosa a realidade da muller no seu
fogar, reflicte a crúa realidade da situación das mulleres maltratadas, tanto
no físico coma no verbal e no psíquico. A soidade dunha muller pechada todo o
día na súa casa, a violenta relación á que a somete o seu marido e que ela
acepta como normal, a dobre explotación da muller, tanto no traballo como no
fogar...
Será o
sábado 19 de novembro, no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, ás 21:30 h.
e a entrada é de balde.
"Contando en feminino" no Concello de Vedra
Esta semana estivemos percorrendo as escolas pertencentes ao Cra Boqueixón-Vedra
“Neira Vilas”, mañá será a última cita para concienciar ao
alumnado das escolas infantís na igualdade e violencia de xénero, contaremos historias onde o rol feminino sexa,
non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Faime unha especial ilusión contar no Cra que leva o nome de Neira Vilas, ao que tiven a honra de coñecer.

luns, 14 de novembro de 2016
A voz de Galicia recolle a nosa actividade "Contando en feminino"
O Auditorio da Casa da Cultura do Concello de
Neda foi o escenario onde Ana Hermida estivo “Contando en feminino” para concienciar na igualdade e violencia de xénero ao alumnado dos colexios: San Isidro e Maciñeira. Así o
recolle o xornal galego A voz de Galicia.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
Ler conta moito,
Neda,
prensa,
violencia de xénero
domingo, 13 de novembro de 2016
Contando en feminino para o alumado do Cra de Vedra e Boqueixón
Volvemos ter unha cita coa igualdad eco alumnado
do Cra Boqueixón-Vedra “Neira Vilas”, Ana Hermida levará contos e historias
para ir concienciando ao público infantil na igualdade e violencia de xénero,
onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario.
Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa
como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando,
apréndese a formar en igualdade.
O mércores 16 de novembro a cita será na Escola
de Lestedo, Concello de Boqueixón ás 09:30 h. e na Escola de Sarandón, Concello
de Vedra, ás 10:40 h.
sábado, 12 de novembro de 2016
A Voz de Galicia faise eco da nosa actividade "Contando en feminino"
Así recolle o xornal La Voz de Galicia a nosa actividade Contando en feminino, que terá lugar, en varias sesións diarias, os vindeiros 21 e 22 de novembro na Casa da Cultura do Concello de Cee, organizado polo Cim ceense para sementar
nas escolas a loita contra o sexismo.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Cee,
Cim,
colexios,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
prensa,
violencia de xénero
venres, 11 de novembro de 2016
"Contando en feminino" para o alumnado de educación infantil do Concello de Boqueixón
O alumnado do Cra
Boqueixón-Vedra “Neira Vilas” recibirá a visita de Ana Hermida, sesión dobre durante tres
días, para achegar a ese público tan especial un mundo de contos cheos de
mensaxe e diversión para concienciar na igualdade e violencia de xénero. É unha
iniciativa da Anpa Val do Ulla do Cra Boqueixón-Vedra.
Serán contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A primeira cita cos contos e coa igualdade será o martes 15 de novembro, na Escola de Camporrapado ás 09:30 h. e na Escola de Sergude ás 10:50 h., no Concello de Boqueixón.
Serán contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A primeira cita cos contos e coa igualdade será o martes 15 de novembro, na Escola de Camporrapado ás 09:30 h. e na Escola de Sergude ás 10:50 h., no Concello de Boqueixón.
xoves, 10 de novembro de 2016
Celebramos o Día das Letras Galegas en San Sadurniño “Contando en feminino”
O alumnado da Escola
de Educación Infantil do Concello de San Sadurniño o Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal Lendo en San Sadurniño, alí estivo Ana Hermida para achegarlles historias e
tentar concienciar á infancia na igualdade e violencia de xénero. As súas
mentes miúdas son especialmente sensibles ao que reciben, polo que é un público,
según o meu punto de vista, ao que hai que mimar con moito cariño e respecto. Sempre
me fan promesas nas que creo firmemente e adquiren un compromiso que sei que
van cumprir.
mércores, 9 de novembro de 2016
"Contando en feminino" na Biblioteca Castrillón da Coruña
Serán
contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol
feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos
tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como
algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a
formar en igualdade.
A cita coa igualdade será o sábado 12 de novembro
na Biblioteca Castrillón do Concello da Coruña ás 12:00 h., a entrada é libre e
gratuíta ata completar aforamento.
Etiquetas:
A Coruña,
Ana Hermida,
bibliotecas,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
violencia de xénero
luns, 7 de novembro de 2016
Contando en feminino, outono en igualdade na Biblioteca Castrillón da Coruña
Os sábados de outono 2016 estarán adicados ao
tema da igualdade na Biblioteca Castrillón, pertencente ás Bibliotecas
Municipais da Coruña. Alí estaremos Contando en feminino para o público infantil e veremos dun xeito distinto ás
protagonistas femininas das historias. Será o sábado 12 de novembro na Biblioteca Municipal Castrillón ás 12:00 h., a entrada e libre e gratuíta ata completar aforamento.
Etiquetas:
A Coruña,
Ana Hermida,
bibliotecas,
Contando en feminino,
contos,
igualdade,
violencia de xénero
martes, 1 de novembro de 2016
O Voitre e a Pomba, verbas contra a violencia de xénero en Oleiros
O alumnado do IES Miraflores asistirá a un espectáculo dirixido
por Santiago Fernández, onde poesía e teatro se dan cita para denunciar a
violencia contra as mulleres, homenaxear ás que xa non están e apoiar ás que
están sufrindo esta pandemia. Ana Hermida e Santiago Fernández subirán ao escenario
para ofrecerlles un espectáculo que pretende amosar a crueza da violencia de
xénero, procurar que a adolescencia adquira un compromiso, a súa implicación e sexa
consciente da brutal e inxusta realidade.
Será o venres 4 de novembro ás 11:20 h. no auditorio do Ies Miraflores do Concello de Oleiros.
Será o venres 4 de novembro ás 11:20 h. no auditorio do Ies Miraflores do Concello de Oleiros.
domingo, 23 de outubro de 2016
"E logo por que?" na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Contaremos historias máxicas que nos levarán por universos soñados e
construídos á medida dunha fantasía propia da infancia. Visitaremos o mundo
irreal dos contos e achegaremos a sabedoría irónica das palabras e
argumentación absurda que fará as delicias de nenas e nenos, para dar resposta
á curiosidade propia do público infantil mediante unha marabillosa enciclopedia
inexistente.
Será o sábado 29 de outubro,
no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, ás 12:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
E logo por que?
“Non che teño medo”, contos para a infancia en Fene
O conflito entre o ben e o mal está sempre
presente nos contos de terror infantís e axuda a expresar as súas emocións e
vencer os seus propios medos, contribuíndo a prepararse para a vida. Contaremos
historias tenras, divertidas e duns medos moi particulares para que, mediante o
entretemento, a infancia se enfronte aos temores e monstros que habitan os seus
soños.
A cita será o venres 28 de outubro, na B.P.M Xosé María Pérez Pallaré do Concello de Fene, ás 18:00 h.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
contos,
Fene,
Non che teño medo
II Concurso de recitados “Cantares Gallegos” en Arteixo
Este ano foi a segunda edición do concurso de recitados “Cantares Gallegos” dirixido á
infancia. Ana Hermida foi a encargada de presentar o acto e facer unha dramatización poética, onde amosou a Rosalía máis divertida e a faceta máis combativa de Manuel María. A Nai das nosas letras estivo moi presente nesa tarde, onde concursantes de diferentes nacionalidades recitaron os seus versos e onde eu quixen amosar o meu cariño á poeta no vestir e en pequenos detalles que me acompañaron durante todo o acto e que podedes apreciar na foto.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
Día das Letras Galegas,
Día de Rosalía,
homenaxes,
poesía,
Rimando e Xogando,
Rosalía
A Historia en Feminino na axenda do Concello de Arteixo
O Concello de Arteixo recolleu na súa axenda a nosa actividade, "A historia en Feminino", proposta elixida polas bibliotecas do Concello con motivo 25N para concienciar na
igualdade e violencia de xénero ao público infantil.
A Historia en Feminino en Ferrol360
O auditorio do Concello de San Sadurniño foi o escenario onde Ana Hermida contou “A historia en Feminino” para concienciar na igualdade e violencia de xénero ao alumnado do CPI de San Sadurniño, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de contra a Muller. Así o recolle o xornal galego Ferrol360.
“Cóntame outra vez” na Biblioteca Central de Arteixo
Levamos os contos de sempre á Biblioteca Central de
Arteixo, o público infantil recibiuinos como algo novo ao mesmo tempo que o
público adulto relembraba a súa nenez, os contos clásicos seguen vixentes porque o
tempo os puxo no seu lugar. Mentres ía contando observaba a resposta das nenas
e nenos, sempre me queda a dúbida se están aí por obriga ou porque lles gustan
as historias, días despois vin unha desas nenas pola rúa, recoñeceume e da man
da súa nai comezou a contarme as historias que máis lle gustaron.
Que gratificante é o oficio de dicir!
Etiquetas:
Ana Hermida,
Arteixo,
bibliotecas,
Cóntame outra vez,
contos
sábado, 22 de outubro de 2016
"Todo o mundo é noso" contos de diversidade e inclusión en Santiago
A Biblioteca
Anxel Casal de Santiago acolleu unha sesión de contos sobre a diversidade e
inclusión plena. O público infantil ten moi claro que todas as persoas somos
únicas e diferentes, niso ten moito que ver o exemplo familiar, tal e como puiden
comprobar co público adulto que acompañaba ás nenas e nenos nese día. Os contos
son un medio ideal para derrubar estereotipos, en primeira persoa comprobo día tras día como as súas manciñas disfrutan coa lectura e coas ilustracións dos contos que
recollen co seu carnet, resultado da marabillosa campaña da biblioteca e das
persoas que alí coidan da cultura.
Estivemos Fabulando na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
Ao público
infantil resultánlle moi atractivas, están cheas de historias que resisten o
paso do tempo, están en todas as culturas e son sempre ben recibidas por nenas
e nenos. Na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago as historias fabulosas volveron cumprir o seu obxectivo xa que a imaxinación
voaba mentres recibían unhas pautas, case sen darse conta, para así poder lembrar o que
fixo o león, aquel elefante, a nena valente... ante unha situación semellante e así poder trasladalo ao seu pequeno mundo dun xeito insconsciente.
Etiquetas:
Ana Hermida,
bibliotecas,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos,
Fabulando
Estivemos "Artellando historias" na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
Achegar o mundo da arte
ao público infantil é moi satisfactorio, a súa curiosidade, o asombro que
amosan os seus ollos, as bocas abertas ante o que contemplan, as historias que
agochan… Convertemos o Salón de Actos da Biblioteca Anxel casal nun museo á súa
medida, colocábanse diante das obras e facían a súa propia intepretación das mesmas, ler o nome e a
súa autoría. Galicia tamén estivo presente coas marabillosas obras das nosas mulleres e homes artistas. Pintura, música, escultura… mulleres e homes de todo o mundo que nos regalaron a súa
obra para o disfrute ao longo da historia. Sen a colaboración e o compromiso das
persoas responsables da Biblioteca sería impensable este tipo de actividade,
grazas.
Etiquetas:
Ana Hermida,
Artellando historias,
BPM Ánxel Casal,
Compostela,
contos
Asaltamos o Castelo de Vimianzo con contos, mitos e lendas
Nesta XXI edición
do Asalto ao Castelo do Concello de Vimianzo estivo presente a nosa historia,
os contos de noso e unha mitoloxía propia que Ana Hermida achegou ao público
infantil. Foi antes de as nenas e nenos fixeran o seu propio Asaltiño para lembrar as Revoltas Irmandiñas, a organización mudou as armas crueis por auga e os berros de guerra por risas e
diversión. Toda unha vila implicada activamente na festa, froito do esforzo de moitas persoas anónimas e do propio Concello, converténdose nunha cita ineludible do verán. O noso recoñecemento para todas elas, que personalizamos en Juliño que, despois de horas e horas de traballo, sempre nos atendeu cun amable sorriso.
xoves, 1 de setembro de 2016
"Todo o mundo é noso" na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
Achegaremos á infancia historias para axudar a
derrubar todo tipo de barreiras (físicas, psíquicas, raciais, culturais…) e así
dignificar a vida doutras persoas e a nosa propia. Os estereotipos de
personaxes reflicten unha realidade, o obxectivo destas historias é mudar esa
realidade e tentar concienciar á infancia na diversidade e a inclusión plena,
porque todas as persoas somos únicas e diferentes.
Será o sábado 3 de setembro, no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, ás 12:00 h.
venres, 1 de xullo de 2016
Contos, mitos e lendas populares no Asalto ao Castelo de Vimianzo
O Concello de Vimianzo celebra este ano a XXI edición do Asalto ao
Castelo, aí estaremos contando lendas, historias tradicionais e populares que
fagan entender e coñecer moitas cousas a nenas e nenos. Os porqués, os
encantos, historias de trasnos, de feitizos, mitoloxía galega... tamén de temas
históricos e de cabaleiros. Haberá, por suposto, algunha que outra historia
propia desa época de Revoltas Irmandiñas.
A cita será o
sábado 2 de xullo na Praza do Concello, ás 15:30 h.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







































