O 24 de febreiro Rosalía de Castro visitará o concello de
Arteixo onde naceu o seu marido Manuel Murguía. Celebraremos o Día de Rosalía
con Ana Hermida, que achega a súa obra "Tecín soia a miña tea", para
homenaxear á nai das nosas letras.
Serán dramatizacións de poemas de Rosalía de Castro. Este
espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata,
tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa
terra... O desexo e ansias súas polo teatro " eu quería ser actriz e non
me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa,
dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, peza teatral de Miguel Anxo Fernán-Vello e
algunha canción da autoría de Baldomero Iglesias
"Mero", para honrar a nai da nosa terra.
Será na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de
Arteixo, ás 17:30 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario