A historia en Feminino ten como obxectivo
visibilizar as mulleres e facer xustiza coa metade da poboación, contar a
historia real, polo que levamos anos tentando ofrecer referentes á infancia e
ao público adulto. Contamos tamén a historia de grandes mulleres galegas ás que,
aínda a día de hoxe, non se lles fixo o recoñecemento debido, como Josefina de
Serantes, figura que estabamos a recuperar e da que, grazas ao apoio do seu fillo Eduardo,
tivemos unha información máis completa. Non vendemos ningún produto, só
tentamos facer un acto de reparación e xustiza no que cremos firmemente,
afrontamos este ideal sen o apoio de ningún tipo, nin de organismos oficiais,
nin privados, por suposto tampouco de ningún partido político ou sindical,
pensamos que o feminismo non debe estar suxeito a nada, non debemos nada a
ninguén nin aceptamos que ninguén nos diga o que debemos ou non debemos dicir,
ou a quen debemos censurar. Polo que pese a quen lle pese, seguiremos a
recuperar e contar a historia real, non con afán mercantilista, senón como
compromiso persoal, a igualdade, a violencia de xénero, o feminismo, a muller… non son un xogo nin tampouco obxecto
de mercadeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario