Conmemoramos o 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" coa actividade “Contando en Feminino” onde Ana Hermida contou historias ao alumnado das Escolas de Educación Infantil de A Lagoa, Rorís e Larín de Arriba, para concienciar contra a violencia de xénero e o abuso infantil.
Esta foi a derradeira actividade que fixemos para a Biblioteca de Arteixo, foi na central "Henrique Rabuñal" o 17 de novembro do 2023, logo veu a censura estúpida da xente sen cultura.
Foi surrealista... chegamos con tempo dabondo para recibir a ese público tan marabilloso, a Ana recibiuna un empregado da biblio -non traballador- (fillo dun exconcelleiro de Cultura, que entrou en nómina do concello cando o seu pai aínda era quen mandaba nesa área), o recibimento foi inquisitorio ”Tu que haces aquí? No hay cuentacuentos, te digo que no hay nada”, retruquei que si había e que viñan autobuses para os contacontos, nin caso, logo de botar escuma pola boca chegaron as nenas e nenos coas profes, ás que tiven que advertir que non estaba nada preparado porque case me bota, obviamente non marchei e fixen o contacontos, a proba é esta foto que sacou unha profe. Tiveron que agardar a que puxera a sala en condicións, 20 minutos agardando esas criaturas. Viva a profesionalidade! E logo o fillo do exconcelleiro será o novo bibliotecario! Ben, non se notará a diferencia, digno sucesor.
Nada máis que dicir señoría, como muller e como profesional non podo nin quero tolerar as faltas de respecto, desprezos, irregularidades e ilegalidades cometidas polo fillo do exconcelleiro e o director das bibliotecas do concello. Supoño que a concelleira de Cultura actual e a Directora Xeral da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia descoñecen as prácticas que fai esta xente pagada cos nosos impostos, e que son "comprobables".

Ningún comentario:
Publicar un comentario