Celebramos no Concello de Arteixo o décimo aniversario
do Día das Escritoras con "Palabra de Muller", facendo un percorrido
pola obra de mulleres galegas pioneiras, rebeldes, silenciadas, inxustamente
tratadas, incomprensiblemente esquecidas... ás que honraremos nun acto onde
varias persoas representativas da cultura e sociedade galega prestarán a súa
voz ás escritoras homenaxeadas. A actividade está dirixida ao público adulto e
coordinada por Ana Hermida, de Lisístrata Asociación.
Será o sábado 11 de outubro ás 18:00 h. no Auditorio
do Centro Cívico Cultural “Manuel Murguía” de Arteixo. A entrada libre e
gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Leranse textos de Luz Pozo, Concepción Arenal, María Barbeito, Syra Alonso, Filomena Dato, María Casares, Begoña Caamaño, Luísa Villalta, María Victoria Moreno, Hildegart Rodríguez Carballeira, Enriqueta Otero, Francisca Herrera Garrido, Sofía Casanova, Xosefina López de Serantes, Mariví Villaverde, Xohana Torres, Rosalía de Castro, Xela Arias, María Mariño e Pura Vázquez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario