"A Vociferante da Baiuca" é unha homenaxe ao noso Patrimonio Inmaterial e ás mulleres transmisoras do mesmo, proclamando o dereito á dignidade do idioma, literatura oral e música popular de Galicia.
A Vociferante
da Baiuca abre os ollos á realidade e divulga no vento, declamados en chamada,
aviso e advertencia, os seus pensares e mensaxes que outras calan. Alza o ton
para seren oídas as narracións poéticas, poemas mal mirados e aquelas cuestións
de contraste, agardando o aplauso da concurrencia e unha dádiva e
conivencia.
Ana Hermida é A Vociferante da Baiuca e estará no seu concello, poñendo en valor a nosa cultura tradicional, na Feira Histórica Arteixo 1900 o sábado 18 de outubro ás 12:00 h. no anfiteatro do paseo fluvial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario