luns, 21 de decembro de 2015

Ana Hermida en Muxía na Gala de entrega de premios: Contos de Nadal que organiza La Voz de Galicia

O pasado sábado celebrouse no Concello de Muxía a gala de entrega de premios: Contos de Nadal, na súa XII edición e que como cada ano, organiza o xornal galego La Voz de Galicia. A gala tivo lugar no Salón de Actos do Voluntariado e foi entrañable e esperanzadora, dándose cita dez nenas e nenos con talento, ilusión, compromiso, amor á literatura e á nosa cultura. Os ollos de felicidade evidenciaban o importante dese acto por e para a infancia premiada.

As autoridades presentes loubaron tanto talento alí representado, os alcaldes do Concello de Muxía, Concello de Zas, a Concelleira de Cultura do Concello de Carballo... e o Director de La Voz de Galicia, deron ao acto a importancia que merecía. Foron moi cariñosos coas persoas premiadas e tiveron palabras que farán medrar neles esa semente que xa teñen e que de seguro seguirán cultivando. Tanto é así que o muxián Xosé Luís Vilela, director de La Voz de Galicia, sorprendeu a todo o público "contando un conto" de amor á nosa terra, foi, sen dúbida, un acto moi fermoso.

Foi un acto no que tiven o privilexio de ser a mestra de cerimonias desa mañá de sábado inesquecible e tamén de contar contos de igualdade para a infancia e adultos, un acto no que ademáis o premiado tivo unha lembranza para o seu mestre xa xubilado, un acto no que Pazos de Merexo aos seus noventa e tantos anos fixo as delicias coa súa acordeón da que saían unhas notas preciosas que arrincaron dos presentes unha ovación inmensa.... foi, en resumo, un acto moi fermoso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario