venres, 18 de decembro de 2015

O Concello de Fene organiza para a infancia Un Nadal cheo de contos

Un Nadal cheo de contos chega á Biblioteca Municipal de Fene, onde Ana Hermida será a encargada de poñer nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.

A cita cos contos e coa maxia do Nadal será o luns 21 na BPM Xosé María Pérez Pallaré do Concello de Fene, ás 12:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario