xoves, 17 de decembro de 2015

Un Nadal cheo de contos no Concello de Cee

O Concello de Cee terá Un Nadal cheo de contos, actividade que organiza ARCE Pedras Miúdas de Lires para o público infantil. Ana Hermida será a encargada de poñer nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.

Os contos e a maxia do Nadal agardan polas nenas e nenos que por alí se acheguen, será o sábado 19 de decembro na Antiga Escola de Lires ás 18:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario