O Concello de Melide, encrucillada dos Camiños de Santiago, será a nova visita que Ana Hermida fará para achegar Un Nadal cheo de contos ao alumnado do Ceip nº 1, serán dúas sesións para infantil e primaria nunha actividade que organiza a Anpa Espertar.
Poremos nos zapatiños de todas as nenas e nenos, contos feitos de maxia e ilusión. Cantaremos panxoliñas e contaremos historias que falan do sentido destas datas e que ás veces son divertidas, outras sorprendentes… contos de árbores de Nadal, de bonecos de neve, de Reis, de cousas imaxinadas e que, seguramente, algún día serán realidade.
Os contos agardan polas nenas e nenos do Ceip Nº 1 do Concello de Melide, o xoves 17 de decembro ás 11:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario