O martes 26 de novembro a actriz e
narradora arteixá Ana Hermida, da Asociación Lisístrata, estivo “Contando en
Feminino” no Concello de Fisterra para concienciar na igualdade e na loita
contra a violencia de xénero e o abuso infantil. O público foi o alumnado de 3
a 5 anos do CPR Nosa Señora do Carme e asistiron 26 nenas e nenos.
Foi un encontro feliz e moi positivo,
tanto para a narradora, como para o alumnado, que foi quen tivo o protagonismo preguntando dúbidas e con respostas que sorprenderían ás persoas adultas. Participaron
moi activamente e desfrutaron dos contos elixidos para a ocasión. Para acabar coa
violencia de xénero é importante desenvolver unha imaxe positiva das nenas
desde a máis tenra infancia e que saiba identificar este tipo de violencia, así o fai o Centro escolar, e tamén a Anpa do Colexio
Nosa Señora do Carme, que foi quen organizou esta sesión de historias para
sensibilizar a ese alumnado miúdo.
O Colexio Nosa Señora do Carme é un centro concertado cuxo proyecto educativo ten ao alumnado como protagonista, educándoo de xeito integral na súa triple dimensión: individual, social e trascendente, para ser capaz de acadar crítica e responsablemente o seu proxecto persoal. Nace o 5 de setembro de 1965 no seo da obra A Nosa Señora do Carme, cuxo promotor foi o coristanqués D. Luciano Moreira Carracedo, párroco de Santa María de Fisterra e falecido no 2008. O colexio conta tamén cun centro de menores desde 1994, con atención integral as 24 horas e todos os servizos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario