Pola presente convócase o PREMIO DE ORATORIA
“FILOMENA DATO” 2025, nacido o ano 2019 para a participación do alumnado dos
diferentes ciclos de Ensino e para centros públicos ou privados de Galicia e do
exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética,
narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo, ademais de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos
escasos referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda
escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese
século.
A inscrición farase no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com e deberá estar entregada a gravación, sempre mellor -de planos- en corpo enteiro, correspondente ao tema indicado, cunha duración máxima de 5 minutos, así como o traballo por escrito e a ficha do anexo, debidamente cuberta, que se pode descargar aquí mesmo.
O tema deste ano será: "Mansplaining", no verán de 2020 convidamos á Real Academia Galega a que inclúa este termo no seu diccionario, e aproveitamos a ocasión para reiterar a petición. Como novidade e a partir deste ano engádese "Tenzón" (para tentar recuperar esta composición) xunto con poesía, narrativa e oratoria, podendo cada persoa participar nunha ou nas dúas opcións da súa categoría correspondente.
O prazo de inscrición é ata o 24 de febreiro. A entrega de premios terá lugar en Arteixo e farase coincidir co Dia Internacional da Muller, 8M ás 12:00 h. no lugar que se comunicará oportunamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario