martes, 17 de xuño de 2014

Estaremos Contando en feminino para o alumnado de infantil de Riveira

A mañá do venres será sen dúbida inesquecible, a primeira hora 200 nenas e nenos de primaria, despois chegaralle lo turno aos de infantil, serán 250.

Sei que será ún público delicioso, terán entre catro e oito aniños. Son marabillosos, téñoo comprobado, pórtanse sempre moi ben e ademáis colaboran nos contos e tamén responden debidamente ás cuestións que lles formulo, están moi atentos e á súa curta idade, teñen moi claro o que está ben e o que non o está.

O encontro coa igualdade, cos contos e co alumnado de infantil, será o venres 20 ás 10:00 h. no CEIP O Grupo do Concello de Riveira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario