A Casa da Cultura acolleu o 25 de novembro a obra
"O Voitre e a Pomba", con Ana Hermida e Santiago Fernández. Unha peza
moi dura que reflicte nas táboas a crueza e sufrimento das vítimas do maltrato
físico e psicolóxico.
"A elección dunha obra tan potente e
directa foi algo premeditado, xa que a preadolescencia e a adolescencia son
dous grupos de poboación aos que máis cómpre concienciar" afirmou a
Concelleira de Igualdade, Ana Breijo Gundín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario