Ana Hermida viaxará ata a Comarca de Chantada para achegar contos contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita da igualdade será na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Carballedo, o sábado 26 de setembro ás 18:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario