Por moito que as coñezan acaban sempre repetindo o mesmo “cóntame
outra vez”, así que contamos unha e outra vez as historias que lles gustan, as
clásicas, esas que segue a gozar o público infantil e as persoas adultas.
É frecuente ver a persoas relacionadas co mundo da cultura asistir ás
sesións de contos para infantil. Ese día en concreto estaba entre o público un
actor moi coñecido, alí estaba cun respecto inmenso escoitando historias para a
infancia, ese día foi público, non actor. Agardou a que rematase a sesión,
axudoume a recoller e tivemos unha conversa longa e moi interesante, contoume
os seus proxectos… había tempo que non compartía con el conversas e risas.
Alegroume moito atoparme co meu amigo na biblioteca co saúdo de rigor… na miña
terra danse dous.
Ningún comentario:
Publicar un comentario