O Día de Rosalía tivo lugar en Arteixo unha
homenaxe á nai das nosas letras, o acto central foi o Certame de Poesía
“Rosalía de Castro”. Este ano, na súa cuarta edición, foi un éxito de participación
e de público e estivo organizado, ao igual que en anos anteriores, pola
Concellería de Cultura de Arteixo en colaboración coa Rede Municipal de
Bibliotecas. Abriu o acto Ana Hermida, encargada de conducir
a gala, dando lectura ao Manifesto da Aelg que este ano redactou María
Reimóndez, seguidamente deron comezo os recitados dos poemas creados para a
ocasión polas nenas e nenos participantes, alí estaban co mellor sorriso e os
nervos acompañando o camiño. O respecto do público, os aplausos recibidos… todo
foi moi fermoso.
A continuación Ana Hermida fixo unha homenaxe a Rosalía con “Poesía é nome de muller”, os versos de Helena Villar Janeiro -a quen lle debemos que o Día de Rosalía sexa hoxe o que é- de Xohana Torres, de Filomena Dato… enchían o ambiente mentres o xurado deliberaba. Máis tarde a obra de Rosalía foi obxecto dunha lectura colectiva por parte das doce persoas participantes: Aldara, Aroa, Alejandra, Sara, David, Marcelo, Sofía, Claudia, Alba, Guillermo, Aldara e Adrián.
Tiña que gañar alguén, así o dicían as bases, foi David, alumno do Ceip Ponte dos Brozos, que cantou as fermosuras de Arteixo co seu poema “O meu pobo”, houbo ademáis un premio por cada categoría: Alejandra con “As estacións”, David con “O meu pobo” e Alba con “Chega a noite”, dos cursos 4º, 5º e 6º respectivamente. Anque en realidade o premio foi para esas doce persoas que coa súa ilusión e talento nos agasallaron coa súa obra, todas levaron como premio un diploma e un lote de libros envolto nun gran aplauso polo moito que nos fixeron disfrutar. David, o gañador absoluto, levou a maiores unha tablet. O xurado estaba composto por María Luísa, Graciela, Dores e Alfredo, que compoñen o clube de lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” e a entrega de premios correu a cargo de Alfredo Ferreiro, en representación do clube de lectura, José Luis Alonso Torreiro, director da Rede de Bibliotecas de Arteixo, Patricia Galán Gómez, directora do Ceip Ponte dos Brozos e Ana María Bello Vázquez, Concelleira de Cultura.

Quixera agradecer ao público -que enchía a sala-
a súa asistencia, ás nenas e nenos que participaron ese día e ao resto que
enviaron os seus traballos para o certame -este ano a participación foi
altísima-, ao profesorado dos centros educativos do Concello de Arteixo polo
seu apoio ao certame incentivando ao alumnado e por asistir ao acto –estiveron
con moita atención e orgullo disfrutando dos recitados do seu alumnado-, á Rede
de Bibliotecas de Arteixo pola organización deste acto e por último agradecer a
presencia e participación da Concelleira de Cultura, foi a única representante -dos
catro grupos políticos que teñen representación no Concello- que asistiu a
honrar a Rosalía de Castro e a disfrutar do talento infantil que temos en
Arteixo.
Agardo a edición do próximo ano, seguro que ao igual que nesta, público e participantes irán medrando, así como tamén o amor á poesía. Eu fago actividades por Galicia adiante en bibliotecas, colexios, teatros… pero cando estou na miña terra é algo moi especial, nacín e vivo en Arteixo, son arteixá e presumo da miña vila natal aló por onde vou. Eu tamén fun alumna do Ceip Ponte dos Brozos como a maioría das persoas que participaron neste certame, gardo bonitas lembranzas da miña etapa escolar, coñezo o seu alumnado –ao igual que ao doutros centros de ensino- cando asiste aos contos que lles levo ás cinco biblioteca deste concello, dentro da programación de fomento á lectura que organiza a Rede de Bibliotecas de Arteixo. Volvo daquela á miña etapa escolar e lembro as clases, os corredores, as amizades… fágoo coa imaxinación, nunca tiven oportunidade de contar nese espazo onde medrei entre libros, non os sigo nos centros escolares, si nas bibliotecas e sei do seu amor polos libros e tamén que van por un camiño axeitado. Parabéns Arteixo, grazas e ata o vindeiro ano.

Ningún comentario:
Publicar un comentario