Deixamos mostra gráfica do que foi a homenaxe a Filomena
Dato, a Poeta das Mariñas, que tivo lugar o pasado mes de febreiro en Bergondo, no que participaron a alcaldesa Alejandra Pérez Máquez en representación do Concello e Víctor
Freixanes en representación da Real Academia Galega. Foi un acto presentado por
Rubén Aramburu no que o alumnado do Cpi Cruz do Sar recitou poemas da
homenaxeada, ao igual que Dores Tembrás, que puxo voz aos versos da poeta. Ana
Hermida viaxou a Moruxo por segunda vez para volver renderlle homenaxe a
Filomena recitando, cantando e lembrando a Rosalía de
Castro, momento que recolle esta foto co presidente da Real Academia, a quen
agradezo a súa amabilidade. O acto rematou descubrindo o monólito a Filomena, obra de
Francisco Escudero e coa interpretación do Himno Galego, polo gaiteiro Francisco
José Otero López.
Xa en xullo do 2017 estivemos rendendo homenaxe a
Filomena Dato en Moruxo, onde Ana Hermida adiantou parte do espectáculo “Ningún
lazo a suxeita” para achegar á cidadanía a obra da poeta e rescatala dun esquecemento
inxusto. Son moitas horas de procurar información, documentación, ensaios…
sempre co único obxectivo de visibilizar á muller e divulgar a súa obra. Filomena foi invisibilizada inxustamente ao longo do tempo,
algo que actualmente tamén ocorre coas mulleres que teiman en visibilizar a
outras mulleres e que despois de tanto empeño, traballo e esforzo, ven como outras
xentes se penduran medallas a conta delas, a historia non mudou tanto. A
Asociación Lisístrata ten como obxectivo concienciar na igualdade e violencia
de xénero, poñer en valor a figura feminina e as súas creacións, así como a
defensa da cultura e lingua galega, motivo polo que desde hai tempo estivemos
traballando para facer xustiza a Filomena, ao igual que fixemos e faremos con outras mulleres.
En breve iremos anunciando sorpresas e novidades sobre a poeta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario