“Miña casiña, meu lar”
amosa a realidade da muller no seu entorno diario, reflicte a crúa situación
das mulleres maltratadas, tanto no físico, coma no verbal, sexual, laboral,
psíquico… Diferentes situacións, diferentes mulleres e unha soa actriz que dá
vida a todas elas. Sempre cun eixo común, a inxusta realidade coa que se
atopan, aínda hoxe, as mulleres no seu día a día. Todo esto posto enriba dun
escenario para tentar concienciar ao público na igualdade e violencia de xénero
e promover o debate sobre o tema.
EscóitameTamén, ten como propósito
honrar e amplificar aínda máis as voces das persoas, xa sexa a dunha ama de
casa no seu fogar, a dunha alumna que sofre abusos do seu profesor, a dunha
secretaria de oficina, a dunha deportista... É unha
chamada a escoitar e a crer ás persoas sobreviventes, a poñer fin á cultura do
silencio e a que a nosa resposta teña como centro de atención as persoas sobrevivientes. Debe deixar de cuestionar a
credibilidade da vítima e no seu lugar hai que centrarse na rendición de contas
do agresor. Aquelas persoas que alzaron a voz axudáronnos a
entender mellor como o acoso sexual chegou a normalizarse e mesmo xustificarse como parte inevitable da vida dunha muller. Trátase dun círculo
vicioso que debe terminar. É absolutamente inaceptable que a gran maioría dos
autores da violencia contra mulleres e nenas quede impune.
A lexislación debe recoñecer que o acoso sexual é
unha forma de discriminación contra as mulleres e unha violación dos dereitos
humanos, expresando e rexenerando o concepto de desigualdade que ten lugar en
moitos ámbitos da vida, desde as escolas ata o lugar de traballo, desde os
espazos públicos ata Internet. Se as leis protexen os lugares de traballo, tanto formais como non formais, as persoas traballadoras máis vulnerables terán
máis oportunidades de sinalar o abuso e ser escoitadas. Tolerancia cero ante
calquera tipo de abuso. (Phumzile Mlambo-Ngcuka).
Será o sábado 25 de
novembro ás 18:30 h. no auditorio do Concello de Valga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario