Outro
ano máis estivemos en Bergondo honrando A Filomena Dato, á que o seu amigo
Pérez Lugín lle concedeu o título de “a poeta das Mariñas”, a escritora máis
premiada do século XIX e académica correspondente da Real Academia Galega. Estivemos
ofrecendo un recital da súa obra con “Ningún lazo a suxeita”, onde Ana Hermida
puxo voz ás composicións da poeta. Foi na Igrexa de San Vicente de Moruxo, no
Concello de Bergondo. O acto estivo organizado polo activista cultural e crego, Rubén
Aramburu, xunto coa Asociación Cultural Lisístrata.
Desde
hai anos Ana Hermida, da Asociación Lisístrata, leva facendo investigacións e
unha serie de actividades para visibilizar e darlle o lugar que lle corresponde
á figura e obra de Filomena Dato, polo que rexeitamos calquera aproveitamento que
da poeta fan outras persoas e entidades “para o seu propio lucimento e beneficio”
coas aportacións realizadas por nós. Cousa propia de xente
covarde, necia, sen principios e carente de talento é apropiarse do traballo
dunha muller e invisibilizala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario