Hai moitos anos decidín que había que pasar á
acción, naceron entón varios proxectos para concienciar no feminismo, loitar
contra a violencia de xénero, o abuso infantil, visibilizar mulleres, etc. “A
historia en Feminino” é un proxecto que leva moitos anos visitando concellos de
toda Galicia, o público vai desde infantil, primaria, secundaria, bacharelato,
público adulto... ata persoas con capacidades especiais. Todo esto nace do
compromiso persoal e de crer firmemente no que fago. Cando vexo as reaccións do
público penso... pagou a pena, esquezo daquela as horas roubadas ao sono, os
moitos quilómetros percorridos, semento feminismo e vexo os resultados, é o
mellor termómetro para comprobar que estes proxectos funcionan. Misión
cumprida, grazas por tanto como recibo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario