Celebramos o Día das Escritoras na Biblioteca Pública de
Santiago Ánxel Casal, con "Palabra de Muller", recital onde persoas
representativas da cultura e sociedade galega prestarán a súa voz á obra das
escritoras homenaxeadas contribuíndo a visibilizar e difundir o seu legado
cultural. Imos ler, de verdade, todas as idades de todas as vidas. E compartilo
nunha festa lectora do tempo. A actividade está dirixida ao público adulto e
coordinada por Ana Hermida, de Lisístrata Asociación en colaboración coa
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal.
Este día é unha iniciativa da Biblioteca Nacional de
España (BNE), a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas,
Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas (CyM).
Leremos textos de Emilia Pardo Bazán, Iris Zabala, Miren
Agur, Filomena Dato, Santa Teresa, Susanna Rafart, Begoña Caamaño, Rosa
Montero, Carmen Conde, Luz Pozo, Josefina Aldecoa, Aida Cartagena, María
Barbeito, Elena Poniatowska, Paca Aguirre, Xela Arias, Fanny Rubio, Gabriela
Mistral, Inma Chacón, Rosalía de Castro, Lupe Grande, María Moliner, Carmen
Laforet, Ida Vitale, Alfonsa de la Torre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario