Ana Hermida fará unha dramatización da obra da Nai das nosas letras con
“Tecín soia a miña tea”, poemas, teatro, e algunha canción para honrar a nai da
nosa terra no seu aniversario, unha muller interpretando a outra muller, a
Rosalía feminista, divertida, defensora da súa terra. Tamén dará
lectura ao Manifesto da AELG, que este ano foi redactado por Anna R.
Figueiredo. Este acto central terá lugar na Biblioteca do Concello de
Arteixo o mércores 24F.
A cita con Rosalía será o 24 de febreiro na Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”, ás 18:30 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario