Conmemoramos o 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" coas nosas “Feministorias” co alumnado do Ceip de Caión entre máscaras e coas pertinentes medidas de seguridade, porque o feminismo non entende de virus, para coñecer dun xeito ameno e divertido a historia que no está nos libros de texto, a das nosas avoas e bisavoas que ergueron a voz e loitaron para cambiar o mundo. Ese día, como outros moitos, tiven varias sesións para varios grupos de diferentes cursos e foi marabilloso volver comprobar a atención, interese e implicación da infancia nesta actividade. Grazas polo voso compromiso co feminismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario