sábado, 10 de xaneiro de 2026

Obradoiro de Teatro en Arteixo

A Escola de Teatro Lisístrata, nace co fin que fagas, ames e aprendas a desfrutar das artes escénicas. Moitos son os beneficios que aporta facer teatro, mellora a axilidade mental, axuda a vencer a timidez, fomenta a creatividade, aumenta a empatía, potencia o mundo das emocións, mellora o desenvolvemento persoal, axuda a relacionarse con outras persoas, favorece a memoria e a psicomotricidade (especialmente nas persoas de idade avanzada), amplía a linguaxe de cada persoa, descubre un novo entorno...

Neste obradoiro traballaremos a expresión oral e corporal, a arte de interpretar, o verso, a dicción, a comprensión textual, etc. Está dirixido ás persoas maiores de dezaoito anos, sen límite de idade. O noso é un teatro interxeracional, interracial, multicultural, inclusivo e diverso, tal como é a nosa terra arteixá. A profesora é Diplomada en Arte Dramática.

Este obradoiro terá lugar todos os domingos de 18:00 a 19:00 h. na Capela do Balneario de Arteixo. Comezamos o domingo 11 de xaneiro, apúntate no mail do cartaz ou pásate por alí, é de balde!, serás benvida/o teñas 20 ou 80 anos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario