Neste "Día Internacional da Muller" 8 de marzo de 2026, cando se cumpren 900 anos do aniversario do seu falecemento, lembramos o documental multidisciplinar sobre a Raíña Urraca, proxecto de Arraianos Produccións, dirixido por Aser Álvarez no ano 2022, onde Ana Hermida deu vida a Urraca.
Urraca I de León foi unha monarca medieval,
destacada por ser a primeira raíña titular da historia de España e Europa,
chegando a gobernar en solitario durante 12 anos. O seu reinado estivo marcado
por unhas circunstancias políticas convulsas que levaron a traizóns,
enfrontamentos e intrigas entre todos os poderes fácticos que nese momento
existían na Península Ibérica.
Se queredes saber máis premede na ligazón Urraca, unha muller empoderada

Ningún comentario:
Publicar un comentario