No 2026 a Feira Histórica Arteixo 1900 terá unha radio propia, será “Radio Baiuca EAJ 1900”, nela
reviviremos as emisións radiofónicas no seu nacemento. Andrea, Bea, Juan, Oliva e Susana, alumnado da Escola de Teatro Lisístrata, acompañados
por Ana, serán as voces que voen polas ondas hertzianas, para contarnos os aconteceres... pasados
polo filtro de Lisístrata.
O noso programa radiofónico será o domingo 18 de outubro ás 11:00 h. no Paseo Fluvial de Arteixo, os altofalantes da Feira encherán Arteixo de boas lembranzas. Desfrutade da festa e da radio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario