Contaremos ás nenas e nenos historias
para que aprendan a aceptar, respectar e comprender a identidade de cada persoa
e amosar todos os afectos posibles entre os seres humanos, poñer ao seu alcance
a diversidade de familias, todas elas válidas. A través dos contos tentamos
visibilizar unha realidade e que a infancia medre na tolerancia e respecto. Celebramos así o 17 de maio, Día Internacional
contra la LGTBfobia (IDAHO), que ten como obxectivo promover accións de
sensibilización en todos os países do mundo desde que hai 26 anos a OMS elimara
a homosexualidade feminina e masculina da lista de enfermidades mentais, anque
a día de hoxe a transexualidade é aínda parte dos manuais de psiquiatría.
Será o sábado 7 de maio, no salón de actos da
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario