Estivemos celebrando este 17 de maio, Día
Internacional contra la LGTBfobia (IDAHO), coas nenas e nenos que asistiron
á Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, falamos dos distintos
tipos de familias existentes, todos eles válidos, xogamos a formar a nosa propia familia, tamén válida, contamos historias de diversos
afectos entre seres humanos, todos eles válidos tamén. Varias nenas e nenos contáronme que tamén coñecían familias semellantes ás das historias que
lles contei, seguro que medrarán na tolerancia e respecto, polo que debo e
quero felicitar ao entorno familiar no que están, ese día na biblioteca a
maioría eran pais, parabéns polo seu compromiso e exemplo, grazas tamén á
biblioteca que, coma sempre, permite achegar determinadas historias que noutros
lugares sería imposible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario