Celebramos no
Concello de Arteixo o XI aniversario do Día das Escritoras con "Palabra
de Muller", facendo un percorrido pola obra de mulleres pioneiras,
rebeldes, silenciadas, inxustamente tratadas, incomprensiblemente esquecidas...
ás que honraremos nun acto onde varias persoas representativas da cultura e
sociedade galega prestarán a súa voz ás escritoras homenaxeadas. Imos reivindicar ás amigas, como forma de liberdade. A actividade
está dirixida ao público adulto e coordinada por Ana Hermida,
de Lisístrata Asociación.
Será o sábado 24 de outubro ás 18:00
h. no Auditorio do Centro Cívico Cultural “Manuel Murguía” de Arteixo. A
entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Leranse textos de Pura Vázquez, María Lejárraga, Pilar de Valderrama, Clara Campoamor, Magda Donato, Concha Espina, Victorina Durán, Halma Angélico, Rosario de Lacy, Elena Fortún, Maruxa Mallo, Isabel Oyarzábal, Irene Polo, Zenobia Camprubí, Ernestina de Champourcín, Carmen Conde, María Campo Alange e María Teresa León.

Ningún comentario:
Publicar un comentario