venres, 18 de abril de 2014

Así estivemos en Oleiros Contando en feminino

Para conmemorar o Día da Muller, as bibliotecas de Oleiros organizaron un mes cheo de actos, entre os cales estaba a sesión de Contando en feminino, contos sobre a igualdade de xénero.

As nenas e nenos de Santa Cruz responderon debidamente ao que se lles propuxo. Amosaron moito interese, colaboraron, riron, e... por suposto concienciáronse, entre conto e conto, en temas de igualdade.

Entenderon que hai cousas que non se deben facer nin consentir. Ao final obtiven o compromiso de todas e todos eles.

Xa vedes as idades dalgunha das persoas do público, aí estaba Ana Hermida atendendo e aclarando todas as súas dúbidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario