venres, 18 de abril de 2014

A biblioteca Francisco Vidal de Froxel celebra o Día do Libro "Rimando e Xogando"

Celebramos o Día do Libro "Rimando e Xogando" na biblioteca de Froxel. É unha das actividades que ademáis de promover o hábito lector entre o público infantil, servirá tamén para celebrar o primeiro cuarto de século das bibliotecas municipais de Arteixo.

As nenas e nenos de Oseiro teñen unha cita coa poesía, coas rimas... Unha maneira de achegar os nosos autores ao público máis esixente, o infantil. Coñecerán autores, poemas, cantigas populares, adiviñas, cantares de cego...

Haberá xogos, cancións... as nenas e nenos serán parte fundamental nesa hora de versos e rimas. Será un momento precioso de encontro coa poesía. 

A cita para pasar uns momentos inesquecibles, será o martes 22 de abril na biblioteca de Froxel (Oseiro) en Arteixo, ás 18:50 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario